Hoxe estase a celebrar a feira anual na que Apple presume dos seus “cacharriños” e aínda que polo de agora nada se sabe do Iphone 5, si que amosaron algo do novo Iphone 4S.

A súa apariencia é idéntica ao anterior, mais non podemos dicir o mesmo do seu interior, xa que ten un novo chip denominado A5, con dobre núcleo e que lle permite un dobre de velocidade, e isto inflúe directamente no apartado dos videoxogos, xa que a súa potencia gráfica será sete veces superior ao seu predecesor, unha auténtica animalada.

Tanto, que amosaron un vídeo de Infinity Blade 2 (a tempo real) para demostrar até que punto chega esta calidade. O xogo sairá o 1 de decembro, e posteriormente colgaremos o vídeo para ver esta espectacularidade.