Comeza o I Torneo ALSA de “Enumerados”

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 17:17 COMENTAR
enumerados

Enumerados é un xogo de intelixencia e axilidade mental, baseado en operacións matemáticas.

Se non o coñecedes, o Enumerados é un xogo gratuíto de operacións matemáticas para smartphones e tablets, que se pode descargar de balde para Android e iOS. Pois ben, está en marcha un torneo que finaliza nesta segunda feira, 22 de decembro de 2014, ás 23h59 (hora galega).

A inscrición ao torneo é tamén gratuíta, e haberá 5 persoas gañadoras diarias (as 5 persoas que estean no topo do ránking cada día) e unha gañadora final (a que estea primeira no ránking ao concluír o torneo). Como condición, para non abusar, unha mesma persoa non poderá obter máis dun premio diario.

Os premios? Pois as gañadoras diarias obterán como premio un billete de isa en buses ALSA (que oes, é algo), e a gañadora final recibirá un Cartón Club ALSA Plus con 7.500 puntos, ou o que é o mesmo, 150€ en viaxes de bus.

Como participar?

É un torneo aberto, sen código de acceso, no modo de partida Xpress (os movementos caducan ás 24 horas e as partidas compóñense de 4 quendas por xogadora). Para xogar é preciso ter a app do Enumerados (obviamente), ben para Android, ben para iOS. É preciso, iso si, ter instalada a última versión do xogo.

Unha vez no xogo, só é preciso premer na icona Torneos para facer a inscrición. A partir de aí considérase inscrita a calquera persoa que completase ao menos unha partida, sen se render el nin o rival. E aínda que o xogo permite escoller rivais, só contarán os rivais aleatorios. E non se poderán rexeitar partidas, ou será contabilizado como derrota!

As gañadoras irán sendo anunciadas a través do seu Twitter (@enumerados) e do seu Facebook (facebook.com/MasEnumerados).

«The Room», de balde en iOS

Por: Venres, 13 de Decembro de 2013, 16:00 COMENTAR

the-room
O xogo «The Room» está agora dispoñible de balde en iTunes.

Publicado en 2012 polo estudo Fireproof Studios, «The Room» gañou ese mesmo ano o BAFTA ao mellor xogo británico, ademáis de ser nomeado o Xogo do Ano de Apple.

Dende o seu lanzamento, conseguíu vender máis de 3,8 millóns de copias.

the-room-1

the-room-2

A segunda entrega, «The Room Two» foi publicada onte mesmo, mais polo de agora, en dispositivos iOS, só está dispoñible para iPad. Ten un prezo de 4,49 €.

Máis información do xogo na súa fícha en iTunes.