deus-ex-the-fall
Square Enix acaba de lanzar o videoxogo «Deus Ex: The Fall» para dispositivos móbiles e non tardou en aparecer pola rede a tan curiosa coma controvertida medida anti-piratería que incorporaron para os dispositivos con “jailbreak”: os usuarios cando intentan disparar por primeira vez, aparécelles unha mensaxe de advertencia: “Sentímolo, pero non podes disparar en dispositivos con jailbreak”.

Evidentemente esta medida vai contra os usuarios que descarguen o xogo de balde dende páxinas pirata. O problema é que tamén funciona coa xente que o mercou legalmente na AppStore oficial.

A polémica non tardou en chegar á rede en páxinas como Reddit, onde os usuarios mostran o seu enorme descontento, pois, aparte de que o “jailbreak” é totalmente legal, os usuarios poden mercar o xogo por 5,99 €, sen recibir notificación ningunha desta limitación.

Polo de agora, dende a compañía aínda non se pronunciaron ao respecto.

Limbo chegará a iOS o 3 de xullo

Por: Mércores, 26 de Xuño de 2013, 21:07 COMENTAR

limboO aclamado xogo indie Limbo chegará aos dispositivos con sistema operativo iOS o vindeiro 3 de xullo a un prezo de 5 dólares. Este anuncio feito polos seus creadores, os daneses Playdead, chega o mesmo día que celebraron as 3 millóns de copias vendidas nas demáis plataformas onde xa estaba dispoñible (PS3, PS Vita, Steam, Mac App Store e Xbox 360).

A Compañía lucense de Small Wonders, adicada ó desenvolvemento para iOS ven de lanzar o seu terceiro videoxogo, YumYumBoy, un xogo de puzzles no que encarnaremos o papel dun neno que é afeccionado da comida lixo e no que a mecánica de xogo baséase nun estilo próximo ós clásicos tipo Mario & Yoshi ou Columns, no que teremos que facer que o neno colla os alimentos para posteriormente xuntalos con outros tres ou máis do mesmo tipo para facelos desaparecer, comendo así, e superando as diversas fases (40 no modo historia e 40 puzzles) unha vez que nos atopemos fartos.

En todos os apartados o xogo loce un aspecto moi bo, tanto na parte gráfica, onde se nota o bo traballo que leva a cabo Small Wonders neste eido, como na música e sons FX , ou na xogabilidade, que fai que o xogador non poida deixar de xogar, e desexe que por exemplo o bus non chegue ó seu destino para poder seguir pasando puzzles, de feito eu levo dous días sen parar de xogar cando teño un anaquiño.

Ler o resto da entrada »