io-interactive-logo-black

Aínda coa resaca da feira do E3 enterámonos dunha mala nova para todos, o estudo responsábel da saga Hitman, IO Interactive, reducirá os seus traballadores á metade.

Parece ser que a crise chega a todos os ámbitos, e despois de que varios estudos tivesen que pechar as súas portas meses atrás, tócalle a IO Interactive, que se ben é certo que non desaparece, a súa plantilla redúcese o suficiente como para ter que cancelar outros títulos que tiñan pensado e centrarse unicamente na próxima entrega de Hitman:

Estamos a facer cambios significativos dentro do estudo para aliñar o noso negocio fronte a este mercado cambiante e deifícl. Así, IO Interactive centrarase principalmente no futuro da franquicia Hitman, no cal se atopa inmerso na produción dun novo triple A desta saga.

Porén, tivemos que tomar a difícil decisión de cancelar outros proxectos en IO Interactive e reducir a plantilla do propio, algo que afectará a case a metade dos empregados que se atopan actualmente dentro da compañía.

O que aínda non anunciaron foron os enigmáticos títulos que cancelaron ou que tiñan pendentes sacar, pero o que non cabe dúbida é que foi un golpe para o estudo. Conseguirá manter así a calidade do anterior Hitman en futuras entregas?