Un novo tráiler de “SSX”

Por: Martes, 4 de Outubro de 2011, 15:31 COMENTAR

Os deportes de inverno non son precisamente dos deportes máis extendidos polo mundo, nin tan famosos como outros, mais unha das sagas que volve ano tras ano é SSX, a saga máis famosa de Snowboard.

Non é que sexa moi seguidor deste tipo de xogos (e mencionarei que a terceira entrega non me defraudou en absoluto), pero vendo o seguinte vídeo paréceme que non acaban por pulir detalles, aumentar a calidade gráfica, etc, parece que se quedaron estancados nunha sima.

Para camuflar isto, pois aparecen detalles como a roupa “planeadora” que lle pode dar máis variedade ás situacións, mais como xa dixen non parece que evolucionara moito, será pola falta da competencia que fai que se acomoden?

Non sei, pero aqueles seguidores de SSX poderédelo probar en xaneiro. Esperemos.