motorgun
O creador do coñecido «Twisted Metal» e «God of War», David Jaffe ven de crear unha nova campaña na coñecida páxina Kickstarter.com para conseguir o financiamento do seu novo proxecto: MotorGun, un xogo de loita de coches para PC e Mac.

Ademáis de Jaffe, tamén traballarán no título o coñecido Zack Norman, creador do popular «Interstate ’76» e a xente do estudo Pixelbionic.

Ambientado nun futuro post-apocalíptico, os xogadores atoparanse con tres faccións loitando pola supremacía. Teremos que escoller a carón de que facción loitaremos para destruir ás outras dúas. Entre os modos de xogo dispoñibles estarán: “Convoy”, “Captura a bandeira” e “Salvaxe”. Cada victoria daranos experiencia e chatarra coa que poderemos mellorar e personalizar o noso vehículo. Segundo afirman os seus creadores, co profundo nivel de personalización dos vehículos, cada coche será único.

A falta de 30 días para o remate da campaña e no momento de escribir este artigo, 308 persoas apoiaron o proxecto con 28,785 dos 650.000 dólares que precisa a campaña para seguir adiante.