Historias pixeladas insólitas

 

De cotío vemos historias illadas na que algún “energúmeno” asasina á familia ou veciños botándolle a culpa aos videoxogos, pero onde está o símbolo negativo tamén se atopa o símbolo positivo. Deste xeito temos esta historia de forza na que un rapaz de dez anos salva á súa avoa e ao seu irmán pequeno no coche no que viaxaban.

A avoa de 74 anos conducía o vehículo pola cidade de Colorado a unha velocidade aproximada de 90 km/h cando sufríu un desmaio, momento no que Gryffin (que así se chama o neno) conseguíu facerse co control do coche evitando así un accidente seguro.

Primeiro intentei espertala, despois collín o volante e conducín até a beira para afastarnos do tráfico.

Son moi bo conducindo Karts, na saga de videoxogos de Nintendo.

Estas foron as palabras do rapaz que posiblemente salvasen a vida dos tres tripulantes do coche.