No Tokyo Game Show amosouse un novo vídeo do que será o xogo de loitas de DC, que leva por nome Injustice: Gods Among Us.

Polo que podemos observar teremos gran parte dos personaxes de DC (aínda non están confirmados) e poderemos empregar obxectos para repartir golpes aos nosos contrincantes.

A simple vista parece que será un xogo bastante dinámico e rápido, ademais dun apartado técnico notable, aínda que como acostuma pasar neste tipo de videoxogos, teremos que esperar a probar á xogabilidade, factor clave nestas temáticas.

Así, teremos que esperar a abril de 2013 para Xbox 360, PS3 e PC.