Análise de Call of Duty: Ghosts

Por: Martes, 19 de Novembro de 2013, 16:50 COMENTAR

COD Ghosts 3

Hai dous xogos que nunca faltan nunha campaña de Nadal, un é o FIFA e outro é o Call of Duty e baixo o sobrenome de Ghosts, Infinity Ward volve poñerse detrás dun título bélico que pretende seguir sorprendendo, mais que queda nunha posición moi pouco cómoda para seguir explotando a unha saga que aínda mantendo a dose de diversión, as sorpresas son mínimas ou nulas.

O guión de Call of Duty Ghosts sitúanos nun futuro no que despois do emprego de armas nucleares lanzadas dende o propio espazo a terra non é máis que un lugar lúgubre no que os únicos superviventes do bando perdedor son considerados como pantasmas (de aí o nome) os cales conseguiron manterse con vida grazas o seu adestramento e camuflaxe en todo tipo de terreos.

O resto xa case o podedes intuír verdade? Nós encarnaremos a un destes Ghost, aínda que pouco experimentado e teremos que facer fronte ao bando inimigo en diversas situacións.

COD Ghosts 1

Un guión bastante simple e sen sorpresas argumentais no que nos intenta facer superar misións das máis variadas, e quizais o consiga, mais o que non logra é que nos metamos na pel do protagonista.
Si, dende aquel impresionante Modern Warfare a saga quixo facernos vivir momentos espectaculares nos máis recógnitos lugares, e en Call of Duty: Ghosts lévanos a localizacións bastante dispares entre si, misións baixo o mar, cidades asolagadas, control de helicópteros e incluso nos leva ao propio espazo exterior, mais o que non sabe facer é emocionarnos en cada unha desas misións.

Será porque xa non sorprende e contamos co que imos atopar? Será porque Infinity Ward non pon o empeño que debería nestas sagas porque saben que van vender exactamente o mesmo? Sexa polo que sexa non logra que o xogador se emocione avanzando no xogo.
E penso eu, será tan complexo involucrar ao xogador no título? Por que o conseguiron no Modern Warfare?

Se somos honestos teñen moito camiño andado, porque xa teñen unha xogabilidade perfecta, repite exactamente a mesma que en títulos anteriores, pero se algo funciona para que o queren cambiar. Parécenme sublimes os controis desta saga, e esta última entrega non ía ser menos, incluso en misións nas que pilotamos un helicóptero ou un tanque, o control adáptase perfectamente ao pad da consola permitíndonos reaccionar en milésimas de segundos ante calquera ataque sorpresa.

Tamén teñen a un nivel moi alto o apartado técnico, que tamén volven repetir e non destaca máis que capítulos anteriores, é máis, iso de querer plasmar un mundo destruído case por completo fai que predominen as cores escuras e contando mínimas excepcións, as paisaxes son bastante feas a verdade.

Aínda así, isto non inflúe na definición das texturas, que continúa estando a un nivel moi alto.

Así que rememoremos, teñen o control dominado, o apartado técnico tamén, só deben crear unha historia á altura cun guión medianamente traballado e unhas misións que nos adentre de verdade na historia con protagonistas máis carismáticos. É tanto pedir?

COD Ghosts 2

Pero para que van facer isto se facendo o que fixeron conseguen un xogo decente e para que enganarnos, divertido para aqueles amantes dos FPS. E para aqueles que non sexan moi amantes dos shooters en primeira persoa tampouco teñen moito problema, porque o xogo ten unha duración da historia principal case ridícula dunhas cinco ou seis horas, co único afán de rexogalo para conseguir atopar todos os ordenadores que hai escondidos polos escenarios, ou para superar o título nunha dificultade maior (se sodes veteranos da saga podédelo comezar no nivel difícil sen problema ningún).

CONCLUSIÓN

Que é Call of Duty: Ghosts?

Call of Duty: Ghosts é máis do mesmo pero un chisco peor do esperado. Intenta meternos en situacións espectaculares sen conseguir emocionarnos a través dunha historia pouco traballada. De todos os xeitos non sexamos hipócritas, persoalmente, como fan dos FPS non me aburrín durante as escasas seis horas que dura o xogo, pero tampouco me emociona en ningún punto concreto, o que deixa a Ghosts non correcto pero pouco ambicioso proxecto.

Será o momento de volver a darlle un lavado de cara a Call of Duty? Pode ser.

[puntuacion]ESTILO=Sonic|GRÁFICOS=93|SON=94|XOGABILIDADE=98|DIVERSIÓN=80|DURACIÓN=50[/puntuacion]

call-of-duty-ghosts
Tal e como confirmou Mark Rubin (@IWMarkRubin), produtor executivo de Infinity Ward, a versión para a Xbox One terá unha resolución nativa inferior á súa principal competidora, a PlayStation 4, que ofrecerá unha resolución FullHD de 1920 x 1080 píxels.

Se ben na consola de Microsoft tamén pode ofrecer esa resolución, pero segundo comentou o propio Mark, sería mediante un reescalado dende os 1280 x 720 píxels nativos cos que funcionará na Xbox One. En ámbalas dúas videoconsolas funcionarán a 60 FPS.

Esta nova chega pouco despois de que se confirmara que no principal rival deste xogo, o Battlefield 4 tamén terá unha resolución inferior na consola de Microsoft (1600 x 900 na PlayStation 4 fronte aos 1280 x 720 da Xbox One).

Mala publicidade ésta para a xa pouco popular Xbox One

call-of-duty-ghosts

Con cada entrega de Call of Duty o hype e as polémicas surxen a miúdo, e despois de rumorearse que Call of Duty: Ghosts correrá a 1080p en Playstation 4 e a 720p en Xbox One, chéganos os requisitos mínimos de PC para correr esta nova entrega da saga de guerra máis famosa.

E preparádevos porque realmente debedes ter un ordenador potente:

Requisitos mínimos

Sistema Operativo: Windows 7 64-Bit / Windows 8 64-Bit.
CPU: Intel Core 2 Duo E8200 2.66 GHZ / AMD Phenom X3 8750 2.4 GHZ ou superior.
Memoria: 6GB RAM.
Disco Duro: 40 GB de espazo libre.
GPU: NVIDIA GeForce GTS 450 / ATI Radeon HD 5870 ou superior.
Tarxeta de sonido compatíbel con DirectX.
DirectX 11.
Conexión a Internet en Steam e para xogar ao multixogador.

Recordemos que estamos a falar dos requisitos mínimos, non dos aconsellados.

6 GB de Ram? Só sistemas operativos de 64 bits? Non controlo moito de ordenadores, pero non falamos dun ordenador verdadeiramente potente? Quizais coa chegada da nova xeración Infinity Ward queira subir o nivel do PC.

call-of-duty-ghosts
Se a calidade dos gráficos dos videoxogos avanza a pasos axigantados, os requisitos de hardware destes non se quedan atrás e os xogadores de PC ven con impunidade como o seu ordenador queda obsoleto en moi pouco tempo.

Un claro exemplo disto, será a vindeira versión para PC do «Call of Duty Ghosts», que precisará dun mínimo de 6 GB de memoria RAM e nada menos que 50 GB de espazo no disco duro. Como consecuencia deste primeiro requisito, tamén será necesario ter un sistema operativo de 64 bits, debido á limitación de 4 GB dos sistemas antigos de 32 bits.

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows 7 64-Bit / Windows 8 64-Bit.
  • CPU: Intel Core 2 Duo E8200 2.66 GHz / AMD Phenom X3 8750 2.4 GHz ou mellor.
  • RAM: 6 GB RAM.
  • Disco duro: 50 GB de espazo libre.
  • Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 550 Ti / ATI Radeon HD 5870 ou mellor
  • Tarxeta de son: Compatible con DirectX.
  • DirectX: 11.
  • Internet: Conexión de banda larga para o Multixogador. É necesaria unha conexión á Internet para a activación do xogo.

Fonte: Páxina de Nvidia.

Como non, dende Nvidia tamén recomendan ter unha GeForce GTX 780 para obter o mellor rendemento gráfico.

O lanzamento para PC, así como para PlayStation 3, Wii U e Xbox 360, está previsto para o vindeiro 5 de novembro, mentres que para PlayStation 4 e Xbox One está previsto para a data de lanzamento de cada unha, 29 e 22 de novembro, respectivamente.

Primeiro ingame de Modern Warfare 3

Por: Martes, 24 de Maio de 2011, 8:25 COMENTAR

Infinity Ward despois de crear os dous mellores títulos de guerras xamáis creados volven para repetir éxito cunha terceira parte, pero traerá consecuencias os despidos que sufríu a súa empresa?

Pois parece ser que estarán á altura do esperado, aínda que tamén e certo que o tráiler déixame con ganas de máis (sobre todo nos primeiros minutos). O vídeo amósanos partes reais do propio xogo e represéntanos unha enorme guerra mundial (ou iso parece a simple vista), con explosións, disparos, derrubamentos, condución de vehículos, bucear e todas estas accións coas que nos ten acostumandos a saga Modern Warfare manténdose fiel á súa ideoloxía. Ademáis por parte dos directivos mencionaron que insertaron novos factores que gustará aos fans, a ver a que se refiren.

Sairemos de dúbidas o próximo 8 de outubro.