Vénse de lanzar o pack The Humble Indie Bundle #3, ou o que é o mesmo, un pack de xogos indies, en que o xogador paga o que estime oportuno, compra varios xogos e reparte os beneficios entre un par de asociacións benéficas e os programadores como el estime oportuno.

Os xogos ofrecidos nesta edición (a cuarta, xa que houbo unha edición especial non numerada) son 5 grandes xoias indies, feitas con agarimo, en que se acumulan horas de xogo e diversión. Estamos a falar de Crayon Physics Deluxe, Cogs, VVVVVV, Hammerfight e And Yet it Moves.

Como xa comentei, os cartos podedes escoller como repartilos entre os programadores e dúas asociacións benéficas que neste caso son a fundación Child’s Play e a Electronic Frontier Foundation. Unha iniciativa que a min polo menos me fai continuar tendo esperanza na humanidade.

Déixovos o vídeo de presentación e tras este toda a información do pack.

Web The Humble Indie Bundle || Web Child’s Play || Web Electronic Frontier Foundation

Edito: Esquecía comentar que son xogos para Linux, Mac e Windows, non hai escusa!