Gameplay do “Devil May Cry”

Por: Mércores, 24 de Agosto de 2011, 14:09 COMENTAR
Buscade as 7 diferenzas

Buscade as 7 diferenzas

Que si, que a mudanza de look de Dante non ten porque intimidar á diversión, mais eu cada vez que volvo ver un novo tráiler do próximo Devil May Cry xa non o vexo cos mesmo ollos.

Continuamos a ver un título de acción puro e duro, mais esqueceron a chularía do Dante, os comentarios satíricos, o humor negro con que trataba as situacións, a parsimonia que emitía nos seus diálogos…

Certo que cando se transformar o seu cabelo vira branco e a súa capa vermella, mais que queredes que vos diga? Xa non é o mesmo. E fálavos un seguidor acérrimo da saga, un xogador que viviu todas as súas aventuras (con recordo especial da primeira parte, sen dúbida), un xogador que viu sempre no Dante un protagonista a seguir polo resto de videoxogos. E xustamente van e altérano.

En fin, esperemos que a diversión aumente desmesuradamente e rexorda por todos os lados, mais teño medo de que o Ninja Theory faga un hack’n slash fique repetitivo e sen alicientes.

Pesimista? Si. Con fe? Non. Con esperanzas? Poucas. Exaxerando a situación? Pode ser.

Desde aquí digo a todos os lectores: Oxalá teña que tragar todas estas palabras sen sal e con tabasco, oxalá…

http://www.youtube.com/watch?v=2mJHmf2ARUs