E que máis vos podo dicir alén do título? Non moito, abofé. Sabemos que vai ser un xogo que ha de bater forte, que xa hai tempo que nos ten a todos “hypeados”, que nos vai somerxer nunha aventura épica, que nos vai facer sentir o cheiro á gasolina, que nos vai enfrontar a terríbeis criaturas… e o máis importante, que nos vai manter enganchados ao comando da consola durante horas.

E aínda queredes que vos diga máis? De verdade, vede este novo tráiler e decídeme se non lle tendes gana.

A propósito, o detalle do globo asasino encantoume.

O mellor gif da HISTORIA

Por: Mércores, 20 de Xullo de 2011, 21:50 COMENTAR

Non vou mencionar máis nada, porque calquera cousa a maiores sobra.