A historia ía cambiar bastante…
Vía | Verbas Infinitas
Rotando, colocando e perdendo unha secuencia de pezas predeterminada, o Algoritmo de Impresión do Tetris aproveita a mecánica do Tetris para xerar imaxes de mapa de bits arbitrarias.
Nota: Algunhas imaxes, como a de Mrs. Pac-Man, poden parecer falsas porque ten pezas que están a flutuar. A explicación está nun comentario do vídeo «Ten a ver con como este Tetris traballa coas pezas que caen. Repara en que os cadradiños da boca están na mesma liña que a parte de riba da cabeza do fantasma. Entón, cando as liñas de baixo son destruídas, cae, as pezas azuis tocan as outras pezas azuis, e a liña enteira detense e non cae máis abaixo. Por sorte, ten sentido.»
Vía | Geeks are Sexy
A rodaxe do segundo filme de Silent Hill xa está activo, e para demostrarnos que non pretenden converterse nun proxecto secundario amosáronnos as primeiras imaxes que pintan realmente ben.
Como podemos observar,estará ambientada na tereceira parte do videoxogo, e non sei a vós, pero a min estas fotografías “acollóanme” bastante.
Se son honesto, a primeira película de Silent Hill tampouco me pareceu tan mala como pintan por aí (temos que ter en conta que falamos dun filme baseado nun videoxogo), e esta segunda entrega pretende superala en canto a medo psicolóxico.
Non sei vós que opinades, pero a min pícame o verme da curiosidade con este Silent Hill.
Poucas veces un xogo tan feo e tan pouco prometedor (mirando as imaxes) foi esperado por tanta xente.
O por que está ben claro,mais que nada porque detrás deste proxecto están Shinji Mikami e Suda 51. Ambos personaxes teñen un longo elenco de videoxogos creados, e todos eles de gran calidade, así, todos temos certas esperanzas en atopar neste novo título un gran xogo.
Aquí amósovos as novas imaxes para que vexades o feismo en persoa, pero ben sabedes, hai que ter fe.
Supoño que vos ten pasado que cunha simple imaxe tedes rido horas e horas, e por máis que pretendes non pensar nela, o cerebro xógacha e resáltache a fotografía cómica.
Pois ben, facédevos un favor e botádelle un ollo á páxina Humor tonto para xente intelixente na cal encontrades imaxes do máis simpáticas,grazas á orixinalidade do autor.
Aquí só vos amoso algunhas das relacionadas co noso tema.
De verdade,merece a pena velas:
Con cada día que pasa sinto o Gears of War 3 máis preto, e con esta paulatina cercanía síntome con máis ganas de rebentar aos Locust que aparecerán neste imprescindíbel título.
Por desgraza ata finais de ano non poderemos desfrutar (e desfrutar con maiúsculas), desta terceira entrega, aínda que antes poderémolo catar nunha Demo.
A min sóbrame a Demo,porque xa sei que vai ser un título épico,impresionante,emocionante e cheo de situacións de acción pura e dura.
Para facernos a espera máis curta e facernos babexar un pouco máis, amósannos tres novas imaxes nas que podemos ver a Anya pelexando cara a cara cos Locust.
Xa era hora que se deixara de tanto mandar mensaxes por radio e collese un arma para afrontarse ao exército inimigo.
Pois a imaxe filtrada días anteriores non era real, e despois de que Sony realizase un evento para presentar a súa nova NGP (espero que non deixen este nome), podemos comprobar a auténtica forma e incluso algúns vídeos sobre os títulos que terá.
O primeiro que debo mencionar é que a consola sairá a finais deste ano, algo sorprendente tendo en conta que aínda se acaba de sacar á luz.
Grazas aos vídeos expostos a continuación podemos confirmar os dous sticks analóxicos (xa todos contabamos con eles), pantalla táctil e posibilidade de manexar títulos con só mover a consola.
Con relación aos títulos xa están confirmados Killzone,Resistance e a maior sorpresa foi a aparición dun novo Uncharted. Aquí podemos ver un vídeo resumo dos videoxogos que poderemos desfrutar:
Honestamente a anterior entrega de Elder Scroll non me gustou demasiado, supoño que tería moito que ver a súa complexa e sucia xogabilidade.
Agora podemos ver unhas imaxes escaneadas da que será a quinta parte de Oblivion. A calidade de imaxe non é moi óptima pero permítenos ver que en custións gráficas non vai ter problema.
Pero na xogabilidade?. Eu teño a esperanza de que arranxen este lastre que me impidíu desfrutar da anterior entrega e se a isto engaden unhas misións máis claras e un mapa máis detallado (e claro), podeos estar ante un xogo a ter moi en conta.
Pero serán capaces de realizar todo isto?. Eu como sempre, teño serias dúbidas, pero aínda é moi cedo para facer veredicto algún.
Por certo, se queredes ver todas as imaxes, entrade neste enlace e verédelas con máis detalle.
Xa fai un tempo que sabemos que Lara Croft quere resetear á saga cun título que implicará algún que outro cambio. O primeiro deles e o máis salientábel é que lle dará moita importancia á supervivencia da protagonista, e sexamos honestos, todo anuncio de videoxogo que leve a palabra supervivencia inmerso mola (erróneamente recórdame ás primeiras declaracións de Konami para describir a súa gran xoia Metal Gear Solid 3).
Ademais, ou polo que podemos ver nas imaxes, o xogo será bastante máis escuro que todos os seus antecesores e contará cunha Lara máis “realista”.
Personalmente o apartado técnico gústame moito, e se conseguen manter unha xogabilidade boa e unhas plataformas decentes poderemos estar ante un título moi a ter en conta, pero como nunca me canso de repetir, non se pode comer polos ollos, esperemos a ter a comida no prato, e probémola, a ver que tal.
Por certo, GameInformer é a revista encargada de emitir estas imaxes. Se queredes ver a galería completa abonda con entrar no enlace.
Ás veces o conto cambia e teño unhas imaxes que cercionan o dito:
Sonic non ten traballo e o que fai nos videoxogos ultimamente non está á altura, así que tense que adicar a outras cousas.
Tamén os de Street Fighter se adican a outras cousas, como cazar dragóns:
E Link ten unha pinta algo máis cruel e serio: