Sentimentos dun videoxogo

Por: Xoves, 26 de Marzo de 2015, 16:51 COMENTAR

The Last of Us™ Remastered_20140808224650

Poucas veces un videoxogo marca tanto como esta xenial historia, porque The Last of Us, xa foi, e será, un referente de como facer as cousas ben.

En Memoria Pixelada: «Análise de “The Last of Us”»

Vía: jjoelmiller

Nova imaxe do próximo título de Cliffy B.

Por: Luns, 2 de Setembro de 2013, 15:41 COMENTAR

Recoñezámolo, Cliff Bleszinski desfruta sendo o centro de atención dos medios de comunicación e se para iso ten que sacar imaxes do seu novo proxecto con contapingas, así o fará.

Pero entón porque tanta espectación? Pois porque aínda con todas as declaracións poémicas que realiza, non deixa de ser o creador de Gears of War, unha saga que revolucionou esta xeración e da cal moitos xogos plaxiaron xogabilidade.

Deste xeito, o novo videoxogo que está a crear Cliffy B. colócase nun dos máis agardados.

Así, saca á luz unha nova imaxe da súa próxima criatura:

Blezinski_teaser

Na imaxe observamos o que parece un pai e un fillo que teñen que sobrevivir nunha cidade futurista, o que nos pode recordar nun primeiro momento ao xenial The Last of Us.

Até que Bleszinski queira ofrecer algo máis que imaxes sobre este título, teremos que conformarnos con imaxes do propio. Seguiremos agardando.

Aquí a PS4

Por: Xoves, 21 de Febreiro de 2013, 19:39 COMENTAR

ps4 jaja

Na Playstation Meeting non amosaron a PS4, mais eu tráiovos a primeira imaxe en primicia

Fonte | Isteezwithease

Peach e Mario

Por: Xoves, 4 de Outubro de 2012, 10:25 1 COMENTARIO

Agradecemos a participación de Miguel Grandío que nos enviou esta “frikimaxe” e así volvervos dicir que coma el vós podedes enviarnos imaxes, análises, opinións, etc.

Grazas a vós cada vez medramos un pouco máis.

Grazas Miguel.

[Vía: It8Bit]

Tres anos pasaron sen ningunha información adicional de Beyond Good & Evil 2 e hoxe romperon esta rutina cunha nova imaxe In Game do título.

Nela vemos Jade nun escenario bastante detallado que como repetimos, pertencente ao propio videoxogo.

Con isto non pensemos que está a piques de saír o título, xa que anteriormente os seus encargados mencionaron que Beyond Good & Evil 2 precisaba unha tecnoloxía maior,polo que podemos intuir que até a próxima xeración non imos ver este videoxogo.

Por se non vos lembrades déixovos tamén o vídeo que amosou Ubisoft no 2009 sobre esta segunda entrega. Espectáculo puro.

Carismática Bayonetta

Por: Mércores, 28 de Marzo de 2012, 12:14 COMENTAR

(Vía: Paraísofriki)

Shadow of the Colossus

Por: Xoves, 29 de Setembro de 2011, 17:41 COMENTAR

(Vía: svalts)

Máis arte Gears of War

Por: Xoves, 29 de Setembro de 2011, 15:37 COMENTAR

Pokemon Hill

Por: Mércores, 2 de Marzo de 2011, 16:11 COMENTAR

Hoxe é un día tranquilo, sen novas relevantes, sen polémicas e absurdas declaracións… e como o día esta nuboso e con zonas de néboas creo que non está demáis presentarvos esta mutación entre os típicos Pokemon e a terríbel saga Silent Hill.

Como non, visto en: Paraíso Friki

Para os fumadores

Por: Martes, 1 de Marzo de 2011, 11:17 COMENTAR

Supoño que pouco se debe engadir a esta curiosa imaxe, pero para todos aqueles fumadores aquí deixo esta metáfora en forma de videoxogo:

Humanismo de Toad

Por: Luns, 31 de Xaneiro de 2011, 14:06 COMENTAR

Por se algún xogador pensa que os personaxes de Mario non teñen carácter humanista…aquí vos deixo esta imaxe que demostra o contrario.

Por certo,cando vín esta imaxe dubidei un intre en poñela na páxina pola súa falta de importancia, pero que demo, é Toad no baño, como non a ía poñer?