As divertidas idioteces de Mario

Por: Mércores, 30 de Novembro de 2011, 17:34 COMENTAR

Dende o noso foro atopamos un curioso vídeo que nolo achega Aitor Abuín,e o certo é que me fixo moita graza.

Si, volvemos a ver a Mario vítima da man dalgún fan del que non dubida en facelo pasar as máis curiosas situacións, volvemos ver a Mario ríndose del mesmo, volvemos ver a Mario nas situacións máis surrealistas… pero se vedes o vídeo e non vos saca aínda que sexa un pequeno sorriso é que tedes unha moa infectada.

Botádelle un ollo que non ten dúbida.