Outro xogo de Dragon Ball xa se está cocendo, e aínda que todos podemos pronosticar que non será un gran xogo, o tráiler que vemos hoxe dinos que a cousa está aínda peor do que parece. Moito, moito peor.

Normalmente os tráilers amosan puntos fortes dos títulos en cuestión e resaltan as virtudes máis explícitas, pero o deste vídeo é algo que chama a atención, xa que é o peor tráiler que vin en moitísimo tempo. En serio, unha cousa é dicilo e outra observalo, así que sen máis demora déixovos con este tráiler.

Tan malo é que até fai graza.

http://www.youtube.com/watch?v=4cwn1nFdP4Q&feature=player_embedded