Antes de nada quero dicir que non me fío nun un pelo das declaracións que fixo o portavoz de DICE por twiter, Alan Kertz, xa que segundo as súas palabras se queremos conseguir todos os desbloqueábeis de Battlefield 3 (liberar todos os gadgets, armas, elementos bloqueados, etc) chegaremos ás 100 horas de xogo.

Primeiro punto: Entón canto vai durar a campaña individual, porque tendo en conta nas cifras que se moven para resolver temas secundarios (como é a adquisición de todas as armas, etc) dame a entender que a campaña individual terá que ser relativamente longa para un FPS, e aínda que xa confirmaron isto, perdoádeme por non crelo tampouco.

Segundo punto: DICE atópase na súa etapa de márketing, e ben sabemos que ten un difícil competidor polo que ten que botar man do que sexa. Espero que sexan palabras verdadeiras e non fume.

Que vai ser un xogazo para todos os amantes dos FPS?, por suposto, que vou botar 100 horas xogando á campaña?, nin de broma.