Como xa saberedes estamos a piques de entrar de cheo na maior feira de videoxogos do mundo, o E3, e como acontece anualmente as empresas máis importantes do sector farán as súas respectivas conferencias para presentar os seus proxectos.
Por se andades un chisco despistados, déixovos a continuación o día e hora das conferencias máis importantes para que teñades oportunidade de velas en directo:
- Konami: 2 xuño 2011, Evento Pre E3, 2:oo horas
- Microsoft: 6 xuño 2011, 18:00 horas
- Electronic Arts: 6 xuño 2011, 21:30 horas
- Ubisoft: 6 xuño 2011, 23:30 horas
- Sony: 6 xuño 2011, 02:00 horas
- Nintendo: 7 xuño 2011, 18:00 horas
Xa sabedes, hoxe mesmo as dúas da mañá podedes ver a conferencia de Konami en directo dende a súa páxina oficial, aínda que non sexa un horario moi cómodo para nós, a verdade.