“Doom” está presente no “RAGE”

Por: Xoves, 6 de Outubro de 2011, 14:09 COMENTAR

Id Software é consciente do que foi en relación aos FPS, e como tal quere facer unha pequena homenaxe á súa saga máis famosa, Doom.

Como facelo? Deron cun xeito que vai gustar a todos os fans, porque o RAGE é máis do que parece. E dentro deste enorme xogo ten sorpresa.

Vede o vídeo e habedes de saber ao que me refiro…

Homenaxe musical ao Mario

Por: Luns, 26 de Setembro de 2011, 14:59 COMENTAR

Xa levamos 30 desfrutando das aventuras do Mario. Tanto? Pois é. E como non podía ser doutro xeito había que conmemorar este ano dalgunha forma. O seguinte vídeo creo que foi a mellor maneira de facelo.

Ao principio poden asustar os 18 minutos de vídeo, mais é que fan un repaso musical por todos os videoxogos do grande Mario. Todos, desde a súa aparición no Donkey Kong até o final.

A máis de un vaille custar coutar esa bagoíña que abrolla con tanto recordo, mais todos somos humanos.

The Legend of Zelda – Overworld

Por: Martes, 22 de Febreiro de 2011, 1:44 COMENTAR

Este ano cúmprense 25 anos da creación dunha lenda que perdurará na mente de moitas persoas para toda a vida. Este ano cúmprense vintecinco anos de The Legend of Zelda.

Non me vou parar en dicir obviedades como que é unha das mellores sagas xamáis creadas, pero de qué maneira podo homenaxear a The Legend of Zelda sen caer en palabras baleiras?,pois esquecéndome das palabras e afinando o tímpano.

Deste xeito déixovos a melodía que nunca esqueceremos, a melodía que nos fai vibrar o corazón cada vez que soa, a melodía orixinal de The Legend of Zelda.

Battle City (NES)

Por: Luns, 4 de Outubro de 2010, 16:18 1 COMENTARIO

Non podo deixar de falar de este título por varias razóns, a primeira porque foi un dos primeiros xogos que probei, a segunda porque podo decir que foi un dos títulos que máis horas me fixo divertir diante da televisión e a terceira porque foi un dos primeiros títulos en permitir xogar a dous xogadores na mesma pantalla, polo que a duración era prácticamente infinita, e tede en conta que de aquela internet non existía.

battle city 1

Empecemos polo principio. Battle City naceu aló polo ano 1985 para a plataforma NES, e non só foi un dos primeiros títulos que apareceu para esta incríbel videoconsola, se non que trouxo novidades suficientes como para captar a atención do xogador,e  no meu caso, vaia se o conseguíu. Está claro que nesta época o argumento nestes xogos arcade era innecesario e superficial, no que primaba a diversión directa (gustaríame saber que opinan agora os desenroladores de moitos xogos, xa que o cambio foi radical entre a finalidade dos videoxogos de antes e os de agora).

Battle City poñíanos na pel dun tanque o cal debía impedir que atacasen a súa base, así debía disparar e eliminar ao resto de tanques inimigos antes de que o fixesen eles, e para isto tiñamos varios ítems que nos axudaban, como aumento do noso disparo,velocidade, paralización dos inimigos,escudo… como vedes a variedade era bastante elevada. Pero aínda que tiñamos todas estas axudas, os inimigos eran moitlo máis numerosos e existían diferentes tipos que nos poñían as cousas complicadas.

Así,no longo de 35 fases debiamos poñer a proba a nosa pericia para conseguir salvar cada pantalla.

battle city 2

Pero como xa dixen no principio, Battle City foi un dos primeiros videoxogos en incluír un multixogador, e deste xeito pasei horas e horas xunto ao meu irmán pasando fase tras fase, e detalles como a paralización do noso compañeiro se lle disparabamos por casualidade, facía que houbese certo pique entre nós para conseguir a máxima puntuación (cada tanque destruído conlevaba un premio en forma de puntos).

Pero non só iso, se non que este divertido xogo traía a posibilidade de crear as nosas propias fases e pantallas, que tendo en conta que estamos no ano 85 cando saíu, foi todo un adianto na súa época.

Un xogo que marcou a miña infancia e que non podía deixar de aparecer no noso recuncho de xogos retro.