Esta é unha desas historias que te enchen de vitalidade, que te fan crer nun futuro, porque así é como nos gustaría acabar a moitos.

Hilda Knott ten 85 anos, e desde hai corenta non deixa de xogar aos videoxogos. E cando nos referimos a videoxogos falamos de títulos serios, non de Imaxina ser Modelo ou similares. Estamos a falar de xogos como GTA IV ou Disgaea.

Hilda comenta a súa experiencia:

Os videoxogos son unha excelente forma de traballar a mente, estar activa, resolvendo quebracabezas e demais riscos.”

Unha historia para contar aos netos. E no caso dela, literalmente.