Queda anunciado o ‘Hard Reset’

Por: Xoves, 14 de Xullo de 2011, 12:46 COMENTAR

Temos á vista un novo shooter RPG futurista o cal me parece que se asemella bastante ao Mass Effect. Este novo título trae como nome Hard Reset, e vén da man de Flying Wild Hog, estudo fundado hai un par de aniños.

Parece ser que o argumento nos vai pór na contra de robots asasinos e letais (como debe ser) e empregará un motor gráfico que denominaron Road Hog.

A mágoa é que será exclusivo para PC, porque polo de agora non me ten mala pinta, pero veremos en que remata todo.

Déixovos co teaser tráiler.