dead-rising-3
Capcom anunciou que Dead Rising 3 contará cun “Pase de tempada” por 29,99 € que ofrecerá aos xogadores un desconto do 25% nos catro DLC’s previstos polo de agora, que custarán 9,99 € cada un.

Segundo os plans da compañía, o primeiro DLC chegará en decembro, baixo o título “Operation Broken Eagle’, mentres que os outros tres, “Fallen Angel”, “Chaos Rising” e “The Last Agent”, chegarán en 2014.

Aproveitando a coñecida festividade de Halloween (que terá lugar esta mesma noite), a compañía nipona non perdeu a ocasión de amosarnos, co particular humor da saga, como podería ser esta celebración dentro do xogo.

O lanzamento está previsto para o 22 de novembro en exclusiva para Xbox One agás no mercado alemán, ao non superar as probas de calificación de idade do organismo encargado no país.