Hackeada a web de Xbox Entertainment Awards

Por: Martes, 19 de Marzo de 2013, 16:50 1 COMENTARIO

Xbox-Entertainment-Awards

Xa facía un tempo que non saían novas sobre hackers que se infiltran en páxinas webs para roubar, molestar ou simplemente probar os seus coñecementos, mais este baleiro foi cuberto, e a vítima é Xbox.

Na web solicitábase aos usuarios o seu voto para elixir o videoxogo no ano, e por un breve período de tempo, os hackers puideron acceder aos datos de 2892 partipantes, incluído correo,nome e gamertag.

Obviamente a páxina foi cerrada e Microsoft está a investigar o acontecido.