A segunda entrega do ambicioso (pero problemático) xogo de aprendizaxe de guitarra Rocksmith chegará no próximo mes de outubro, e Ubisoft está tan encantada co título que non dubida en comparalo como un profesor particular de guitarra.
A compañía asegura que será tan realista e útil en todo o proceso de aprendizaxe que poderemos aprender a tocar o instrumento grazas a este título.
En Rocksmith 2014, as leccións serán moito, moito máis dinámicas e flexíbeis, agora non só che diremos que cometiches un erro, senón que explicaremos que clase de erro cometiches e que deberías facer para solucionalo.
Se Rocksmith sabe que tes problemas cunha técnica en particular, levarate a unha sección interactiva diferente onde che dará novos consellos con ángulos de cámara e trucos adicionais.
Se recordades a primeira entrega de Rocksmith, que tamén prometía aprenderche a inciarte no mundo da guitarra, resultaba bastante confuso e complexo, sobre todo para aqueles que xamáis colleramos unha guitarra na man.
Agardo impaciente que con esta segunda entrega se corrixan os fallos anteriores e o nivel de aprendizaxe sexa dende cero para que todos teñamos a mesma oportunidade de desfrutalo.
Como dixen, no mes de outubro sairemos de dúbidas.