Classical Hero

Por: Mércores, 7 de Setembro de 2011, 19:02 COMENTAR

(Vía: Insanelygaming)

Todos xogan ao Guitar Hero

Por: Luns, 5 de Setembro de 2011, 18:20 COMENTAR

(Vía: IdiotBox)

Hai uns meses Activision anunciara que a saga Guitar Hero estaba morta e que abandonarían o proxecto para sempre. A que era debido isto? Os xogadores tiñámolo moi claro. A exaxerada sobreexplotación da saga con xogos clónicos totalmente prescendíbeis fixeron que os usuarios fosen perdendo o interese por estes xogos musicais, e con isto un fracaso nas vendas.

Mais a Activision mudou de idea e ten planos para o futuro desta saga que causou tantas alegrías e algunha desilusión. Deste xeito pretenden reinventar a saga de novo, e digo reinventar porque prometen comezar un novo capítulo desde cero, sen imitacións clónicas, de aí a mudanza radical.

Unha nova equipa de desenvolvemento será a encargada de realizar esta remodelación completa, en palabras de compañía:

Vamos voltar aos estudios e vamos usar novos equipamentos de desenvolvemento, novos estudios, e reinventar ‘Guitar Hero’. A compañía estaba tan emocionada seguindo o camiño que marcaba o ‘DJ Hero’ que quizá abandonamos ese punto de innovación que unha franquía como o ‘Guitar Hero’ require.”

Persoalmente agradoume a nova, máis que nada porque son moi seguidor do ‘Guitar Hero’. Mais por outro lado teño medo que esta mudanza radical traia consigo novas formas “ruíns” de xogar. Tan complexo sería realizar un título como o ‘Guitar Hero 3’?

Visto en: VidaExtra

Guitar Hero

Por: Mércores, 13 de Xullo de 2011, 19:42 COMENTAR

Había xente coma min que aínda tiña esperanza que revivise esta saga e non que se perdese no olvido.

Adeus para sempre a… Guitar Hero

Por: Xoves, 10 de Febreiro de 2011, 19:46 2 COMENTARIOS

Pois si queridos lectores, parece que Activision decidíu aplicar unha estratexia tráxica e drástica para grandes dos seus títulos, e así hoxe anunciaron que Guitar Hero foi cancelado definitivamente.

Algo malo tiña que ter a esaxerada e inmensa sobreexplotación desta saga, así, acabaron por cansar e aburrir ao usuario e con moita lóxica, as súas ventas baixaron pronunciadamente.

Para aqueles que aínda estades pensando se isto vai enserio, comentarvos que nin sequera sacarán DLC, nas propias palabras dun dos seus productores.

Lanzaremos o pack de DLC que xa tiñamos anunciado e os mix packs de febreiro, pero non seguiremos sacando novos packs de DLC”

Agora todos aqueles que esperabamos ver un Guitar Hero da altura da terceira parte, quedámonos coas ganas e será mellor que continuemos xogando ao mencionado, porque acabouse,fin,adeus o Guitar Hero.

Ah, por certo, recordades o True Crime que tiñan pensado sacar a finais deste ano?, pois tamén foi cancelado. Quedastes sen cartos Activison?

Unha das sagas máis prolíferas volve nesta sexta entrega pretendendo satisfacer aos máis puristas do sector.
Para aqueles que amamos a terceira entrega de Guitar Hero, ben sabemos que a saga estaba quedando un pouco estancada, cancións repetitivas, total falta de orixinalidade e o que é peor, unha mala combinación de botóns dentro da canción.
Con Warriors of Rock a saga quíxose reinventar engadindo diferentes cambios que dotan ao título de certa orixinalidade dentro do que cabe.
O primeiro a destacar é o modo historia, xa que lonxe das típicas evolucións de bandas, agora debemos recrutar a unha serie guerreiros para derrotar ao monstro final. Por suposto, todo isto sen variar a temática do Guitar Hero, é dicir, imos vendo caer notas na pantalla as cales temos que premer ao mesmo tempo na nosa guitarra. Este argumento fai que se afaste un chisco do tópico e engádelle certos aires novos que lle sentan moi ben, ademais, con cada grupo de cancións superada, os guerreiros melloran e evolucionan obtendo novos poderes como aumento do número de estrelas, posibilidade de cometer erros sen que desconte,etc.
Como xa é típico, tamén podemos unirnos a un grupo de compañeiros para que cada un toque un instrumento, ben sexa guitarra, baixo, voz ou batería, pero non vou falar deste apartado, xa que non o probei, e todo isto pola mala reacción de Activision ante o meu “problema”.
Así, só me adico a xogar coa miña guitarra sen engorrosas baterías que fallan.

Como sempre acontece, o modo historia pásase relativamente pronto, aínda que isto nunca foi un inconveniente para esta saga, xa que se hai algo que a caracteriza é a súa maneira de enganchar.
Por isto, aínda podes xogar partidas rápidas para superar as túas propias puntuacións e aquí o maior logro que puideron facer os seus creadores. Puxeron un modo aleatorio infinito de cancións. Para os que xogamos horas e horas sabemos a importancia que ten este feito e o gran acerto que foi, xa que deste xeito non perdes tempo en andar escollendo cancións (tamén tes esta opción, por suposto).Ademais, a medida que gañas estrelas continúas desbloqueando extras que alonga aínda máis a vida deste Guitar Hero. Fabuloso modo de partida rápida, sen dúbida.
Polo resto todo está máis ou menos igual, idéntico apartado gráfico (xa podían melloralo un pouco), espléndido apartado sonoro (só faltaría) e inxentes doses de diversión.
Xa sabedes, se eres fan dos Guitar Hero, non dubides en adquirir este novo título, que continúa quedando por debaixo da xenial terceira parte pero mellora bastante aos títulos posteriores tanto pola correcta selección de cancións, como polo modo historia e rematando polo ben dito modo de partida rápida.