killzone mercenary
Sony publicou unha nova actualización do «Killzone Mercenary» coa que pretenden arranxar os problemas de conexión que tiñan algúns usuarios neste shooter para PS Vita.

Esta nova actualización ocupa nada menos que 1.190 MB. Dende o estudo Guerrila afirmaron que están a traballar en solucións que reduzan o tamaño actual do xogo.

“Esta descarga é necesaria para preparar o camiño para as futuras actualizacións previstas do xogo. Estamos a investigar solucións que permitan reducir o tamaño total do xogo e liberar máis do prezado espazo da vosa tarxeta de memoria. Agardamos poder compartir máis novas destes traballos moi pronto.”

O xogo chegou ao mercado o pasado 5 de setembro para PS Vita.