GTA V para PC retrásase outra vez

Por: Xoves, 26 de Febreiro de 2015, 11:53 COMENTAR

GTA V

A versión para PC de GTA V parece o conto que nunca remata.

Xa non é o primeiro retraso que sofre esta versión do xogo, que tiña como data de publicación inicial en xaneiro, que primeiro se fixou no 27 de marzo, pero que agora troca ó 14 de abril, data válida tanto para a versión física coma para a dixital.

Rockstar basea os retrasos no feito de que a versión de PC será mellor técnicamente cas versións de consolas, e que fai falla algo máis de tempo para que a versión quede axustada e poida ser publicada en condicións. Esa é a versión da desenvolvedora, pero dende outros lugares rumoréase o feito de que o que están a facer realmente é garantir que as funcionalidades online do xogo (GTA Online e os golpes) estean a disposición dos xogadores dende o momento no que o xogo sexa publicado.

GTA V PC

Aínda non se coñecen todas as melloras que terá esta versión comparada ca de consola, pero tamén se comenta que os problemas poden vir pola cantidade de novidades que presentará, entre as confirmadas ate o de agora está o soporte para ultra alta definición (o xogo supostamente será estable a 1080p/60fps, con soporte para 4K e NVidia 3D Vision), un sistema climatolóxico mellorado, novos animais ou un editor con capacidade para grabar e editar vídeo directamente do xogo.

En vista deste último (e esperamos que derradeiro) atraso, os xogadores serán agasallados con 200.000 dólares do xogo, que poderán usar en GTA Online a modo de compensación.

Tedes toda a información no blog de Rockstar.

GTA-Online
Onte mesmo, RockStar publicaba unha actualización para o GTA Online que incluía como principal novidade unha versión Beta do creador de contidos que xa anunciaran fai tempo.

Polo de agora, este creador permítenos crear carreiras (normais, GTA ou Rally tanto terrestres como acuáticas ou aéreas) e partidas a morte (todos contra todos ou por equipos).

gta-online-creator

Para os que non sodes moi dados ao modo multixogador, tamén hai novas interesantes, pois esta mesma semana RockStar anunciou que ten plans para incorporar novas misións na historia de Michael, Franklin e Trevor durante o vindeiro ano 2014.

GTA-Online
Despois dos problemas de conexión iniciais do lanzamento do GTA Online, a compañía RockStar decidíu compensar aos xogadores con este paquete de 500.000 dólares neste modo multixogador.

Estaba previsto que chegase a semana pasada, pero dende a compañía emitiron un comunicado anunciando o seu atraso ata unha data próxima.

“Por suposto que queremos asegurar que os problemas de perda de progresos son suficientemente ordeados antes de distribuír os GTA$ a todo o mundo”

“Temos uns cantos axustes e correccións que facer nunha nova actualización que chegará a vindeira semana e despois imos distribuír os cartos.”

Ademáis, tamén confirmaron que o primeiro DLC, coñecido como “Beach Bum Pack”, estará dispoñible de balde en novembro.

xbox-liveDespois do recente lanzamento do exitoso (e nun principio tamén problemático, como era de agardar) GTA Online, a compañía Microsoft non quere desaproveitar esta oportunidade e ofrecerá a todos os usuarios Silver a posibilidade de probar as vantaxes da subscrición Gold do seu servizo Xbox Live durante esta vindeira fin de semana.

Xa dispoñíbel GTA Online

Por: Martes, 1 de Outubro de 2013, 15:07 COMENTAR

GTA-OnlineA partires de hoxe ás 13:00 xa está dispoñíbel a versión online de GTA que tanto está dando que falar. Cunha pequena actualización e premendo o cuarto recadro libre de selección de personaxe xa podemos acceder a este modo.

Rockstar pide que informemos de calquera erro surxido nas primeiras semanas.

Posta de longo de GTA Online

Por: Martes, 1 de Outubro de 2013, 11:43 COMENTAR

actual_1380327011

Hoxe é o día no que Rockstar lanza GTA Online, a plataforma multixogador do ‘Grand Theft Auto V’ que está destinada a convertir Los Santos nunha cidade en constante cambio. Debido á expectación xerada, desde Rockstar ofrecen os horarios e detalles sobre o inicio de GTA Online na súa web.

Ler o resto da entrada »

Micropagos en GTA Online?

Por: Martes, 24 de Setembro de 2013, 15:04 COMENTAR

gta 5 1

Coa repercusión que está a ter a quinta entrega de GTA penso que todos sabemos que o 1 de outubro chegará ás tendas GTA Online, do cal, aparte de que poderá soportar até 32 xogadores simultáneos, pouco máis se sabe.

Se cadra é porque Rockstar non quere dicir aínda todo… mais polo que parece GTA Online poderá contar con microtransaccións. Todo isto grazas a un usuario de Reddit que atopou un arquivo suxirindo o intercambio de diñeiro real, por virtual.

Concretamente o arquivo menciona o intercambio de diñeiro real por cheques de 100.000, 200.000, 500.000 e 1.250.000 dólares, acompañado do seguinte texto:

A pasta manda nesta cidade. Soluciona os teus problemas de diñeiro e date unha xudiña para conseguir o que queiras en Los Santos e Blaine Country coa compra de estes paquetes de diñeiro para GTA Online.

Todo o diñeiro mercado deposítase automaticamente na conta bancaria do teu personaxe. Gasta con cabeza, a terapia de diñeiro é breve.

Polo de momento non existe confirmación por parte de Rockstar, mais cando un rumor ten tantos detalles o seguro é que sexa verdade. Nos próximos días saberémolo.

gta-v-details-revealed-rockstar-0
Segundo a páxina web Xbox 360 Achievements, o novo xogo de RockStar Games contará con 49 Logros para un total da 1.000 G. É de agardar que os trofeos para PlayStation 3 serán os mesmos.

Logros do modo campaña:

  • Ouro sólido, ¡nena! (50 G): Gaña 70 medallas de oro.
  • Criminal de carreira (100 G): Acada o 100% do xogo.
  • Turista en San Andreas (30 G): Explora todo Los Santos e o condado de Blaine.
  • Todo vale no amor e na guerra (10 G): Merca Downtown Cab Co. e completa unha carreira privada.
  • TP Industries Arms Race (10 G): Merca McKenzie Field Hangar e gaña todas as carreiras de armas.
  • Multi-Disciplined (30 G): Obtén unha medalla de ouro en todas as aficións e pasatempos.
  • Do máis alá das estrellas (15 G): Recolle e trae de volta todas as partes da nave espacial.
  • Un misterio, resolto (15 G): Resolve o misterio de Leonora Johnson.
  • Xestión de residuos (15 G): Merca o vello porto e recolle todos os residuos nucleares.
  • Néboa Vermella (20 G): Completa todos os Rampages.
  • Show Off (30 G): Completa todos os saltos de especialista.
  • Kifflom! (30 G): Completa o teu camiño hacia a luz… ou non.
  • Exército de tres homes (20 G): Sobrevive tres minutos cun nivel de tres estrelas de búsqueda ou superior, cos tres personaxes e fóra de misión.
  • Lonxe da túa profundidade (5 G): Vas a precisar un barco meirande…
  • Acólito altruísta (5 G): Deixa a unha vítima non sospeitosa no culto altruísta.
  • Un montón de pasta (20 G): Gasta un total de 200 millóns de dólares entre os tres personaxes.
  • Trading Pure Alpha (10 G): Fai beneficios sobre a túa inversión total na bolsa.
  • Tunéame a arma (10 G): Tunea unha arma completamente.
  • Búscase vivo ou vivo (10 G): Entrega un obxectivo vivo.
  • Los Santos Customs (10 G): Modifica totalmente un vehículo.
  • Afeitado apurado (20 G): Completa os retos Under the Bridge e Knife Flight.

Logros do «GTA Online» (multixogador):

  • Fóra do avión (5 G): Completa a introducción.
  • Three-Bit Gangster (10 G): Consegue o nivel 25.
  • Facendo movementos (30 G): Consegue o nivel 50.
  • Por derriba da Lei (80 G): Consegue o nivel 100.
  • Número Un (20 G): Sé o primeiro en todos os xogos competitivos.
  • The Midnight Club (20 G): Emprega vehículos personalizados para gañar 5 carreiras.
  • Selección non natural (20 G): Completa 10 oleadas no modo Supervivencia.
  • Backseat Driver (10 G): Leva ao condutor ao primeiro posto sendo copiloto no modo Rally.
  • Corre como o vento (20 G): Sobrevive un día cun Bounty na túa cabeza.
  • Clean Sweep (10 G): Remata un Gang Attack sen morrer e mata polo menos a 10 inimigos.
  • Decorado (50 G): Gaña 30 Premios de Platino.
  • Stick Up Kid (10 G): Atraca as 20 tendas.
  • Desfruta da túa estancia (20 G): Participa en todo o que che ofrece Los Santos.
  • Crew Cut (5 G): Completa un traballo como membro dunha banda.
  • Reembolso total (10 G): Mata ao ladrón que te agredíu.
  • Marcando números (5 G): Pide reforzos por primeira vez.
  • Soño americano (10 G): Consegue un apartamento, un garaxe e un vehículo asegurado.

Logros segredos:

Os outros 11 logros (200 G) que faltan son segredos, polo que haberá que agardar ao lanzamento do xogo ou o anuncio oficial para saber máis deles.

Lembrade: o «Grand Theft Auto V» estará dispoñible o vindeiro 17 de setembro para PlayStation 3 e Xbox 360, mentres que o «Grand Theft Auto Online» estará dispoñible a partir do 1 de outubro.