A historia de RARE en vídeo

Por: Martes, 8 de Maio de 2012, 11:17 COMENTAR

Fai un tempo que Rareware (RARE) era unha das compañías de videxogos máis importantes do mundo dos videoxogos, pero como cambian os tempos que actualmente realizan… como dicilo sen chorar…ehhh, realizan minixogos para Kinect.

Pero non debemos quedar con isto e recordar a RARE cando verdadeiramente nos facían desfrutar de grandes obras de arte.

Recordemos que levan o selo de RARE títulos como Donkey Kong Country, Goldeneye 007 ou Banjo Tooie (para min o mellor plataformas en 3D da historia). Como vedes a compañía creada polos irmáns Stamper foi un sinónimo de calidade, de feito eran pioneiros en exprimir sempre a calidade gráfica da época.

Estes irmáns fundaron Ultimate Play the Game, empresa que venderon para crear o que foi RARE. Pouco despois uníronse á Nintendo para poñerse ao cargo de series como Donkey Kong que supuxeron un gran salto para a compañía nipona.

A partires de aquí e nos seguintes anos, personalmente até a Nintendo 64 non pararon de dar alegrías aos que desfrutamos dos bos videoxogos con títulos verdadeiramente sorprendentes, por isto mesmo agora doe que rematasen realizando pseudoxogos para Kinect.

Pero para que teñades unha idea mellor sobre esta gran compañía podedes ver este repaso da historia de RARE en cinco vídeos de dez minutos cada un. Están en inglés pero son unha gran fonte de nostalxia e son vídeos moi interesantes.

Anímovos a que lle botedes un ollo.

Ler o resto da entrada »