Grand Theft Mario V

Por: Xoves, 9 de Xaneiro de 2014, 12:00 COMENTAR

gta-mario

Oxalá Nintendo o fixese realidade…

Mercar | RIPT

GTA-Online
Onte mesmo, RockStar publicaba unha actualización para o GTA Online que incluía como principal novidade unha versión Beta do creador de contidos que xa anunciaran fai tempo.

Polo de agora, este creador permítenos crear carreiras (normais, GTA ou Rally tanto terrestres como acuáticas ou aéreas) e partidas a morte (todos contra todos ou por equipos).

gta-online-creator

Para os que non sodes moi dados ao modo multixogador, tamén hai novas interesantes, pois esta mesma semana RockStar anunciou que ten plans para incorporar novas misións na historia de Michael, Franklin e Trevor durante o vindeiro ano 2014.

portada gta 5Segundo confirmou Take Two, dende o seu lanzamento para PlayStation 3 e Xbox 360 o pasado 17 de setembro, Grand Theft Auto V leva vendidas máis de 29 millóns de copias, superando así, as cifras de vendas totais da entrega anterior, o Grand Theft Auto IV en menos de 6 semanas no mercado.

GTA-Online
Despois dos problemas de conexión iniciais do lanzamento do GTA Online, a compañía RockStar decidíu compensar aos xogadores con este paquete de 500.000 dólares neste modo multixogador.

Estaba previsto que chegase a semana pasada, pero dende a compañía emitiron un comunicado anunciando o seu atraso ata unha data próxima.

“Por suposto que queremos asegurar que os problemas de perda de progresos son suficientemente ordeados antes de distribuír os GTA$ a todo o mundo”

“Temos uns cantos axustes e correccións que facer nunha nova actualización que chegará a vindeira semana e despois imos distribuír os cartos.”

Ademáis, tamén confirmaron que o primeiro DLC, coñecido como “Beach Bum Pack”, estará dispoñible de balde en novembro.

«GTA Springfield»

Por: Venres, 18 de Outubro de 2013, 22:00 COMENTAR

gta-springfield

Sería a mellor entrega da saga Grand Theft Auto, sen dúbida.

Creado por | George Gant

GTA Vatican City

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013, 9:00 COMENTAR

gtav-vaticano

Os maiores expertos en repartir hostias!!!

Vía | Imgur.com

GTA V supera os 1.000 millóns de dólares

Por: Martes, 24 de Setembro de 2013, 11:00 COMENTAR

gtav
Uns días antes do seu lanzamento, coñeciamos que a produción do Grand Theft Auto V custara algo máis de 265 millóns de dólares, converténdose así no xogo máis caro da historia, superando á maioría das superproducións de Hollywood.

O día despois do seu lanzamento, a compañía Take-Two Interactive anunciou que o xogo superara os 800 millóns de dólares de recadación en todo o mundo, converténdose no xogo que máis vende no seu día de lanzamento e superando, con moito, os 500 millóns do Call of Duty: Black Ops 2, que ata agora ostentaba ese récord.

Pero as cifras non se quedan aí. Esta mesma fin de semana, a compañía anunciaba que xa superaran a simbólica cifra dos 1.000 millóns de dólares, co que parece que recuperarán, con moito, a astronómica inversión feita.

Segundo as verbas de Strauss Zelnick (@strausszelnick), CEO de Take-Two:

“Grand Theft Auto é un fenómeno cultural e RockStar Games continúa a redefinir o que se pode lograr no entretemento interactivo.”

“Todos en Take-Two estamos emocionados coa resposta inicial do Grand Theft Auto V. Unha vez máis, o equipo de RockStar Games superáronse, establecendo un novo nivel de creatividade, innovación e excelencia para a industria do entretemento.”

“Estamos moi orgullosos do logro creativo de RockStar Games e non podemos estar máis satisfeitos co seu éxito no lanzamento.”

Pronto vos traeremos a nosa análise do xogo, pois preferimos botarlle un bo vistazo a fondo antes de facer unha valoración do mesmo.

gtav
RockStar publicou na rede este novo tráiler do Grand Theft Auto V que emitirán o vindeiro domingo durante a emisión do novo episodio da popular serie Breaking Bad.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 17 de setembro para PlayStation 3 e Xbox 360.

gtav
A compañía RockStar publicou na súa páxina web unhas animacións onde podemos ver con detalle tres novos modelos deportivos que atoparemos no novo «Grand Theft Auto V».

Como adoita acontecer na maioría de entregas desta saga, os coches teñen unha enorme similitude con modelos da vida real, pero por cuestións de dereitos, están modificados o xusto para evitar problemas legais. Así, atopámonos co Benefactor Feltzer(que lembre moito a certo Mercedes), o Obey Tailgater (moi similar a un modelo de Audi) e o Coil Voltic (alguén dixo Lotus Exige?).

Podedes botarlle un vistazo na páxina de RockStar Games.

gta12

Vía | Imgur.com

gta-4-hd-wallpaper
Nun recente informe de resultados da compañía distribuidora Take Two, anunciaron que o «Grand Theft Auto IV» acadou a cifra dos 25 millóns de copias vendidas, despois de acadar os 11 millóns no seu primeiro mes no mercado.

A pesar de estar no mercado dende 2008, o Grand Theft Auto IV segue a ser un dos que mellores resultados económicos lle segue a dar á compañía, moi preto de títulos recentes como o «Borderlands 2», «Bioshock Infinite» ou «NBA 2K13», por exemplo.

Con estas cifras de vendas, a saga Grand Theft Auto acadou os 125 millóns de copias vendidas, dende a súa estrea en 1997.

gtav
RockStar responde a algunhas das dúbidas plantexaron plantexadas polos usuarios na súa páxina web.

Os detalles que máis cabe destacar son: as diferenzas gráficas entre as versións de PlayStation 3 e Xbox 360 serán mínimas, precisará de 8 GB de instalación no disco duro de ambas as dúas videoconsolas e a versión para Xbox 360 virá en dous discos, mentres que a versión para PlayStation 3, só constará dun disco.

Ler o resto da entrada »