kaz
O documental «KAZ: Pushing The Virtual Divide» que trata sobre o «Gran Turismo» e o seu creador Kazunori Yamauchi chega hoxe ao servizo Hulu nos Estados Unidos.

Segundo anuncion a compañía Sony, o documental chegará a outras plataformas, como Sony Entertainment Network, Amazon Instant Video e Crackle, o vindeiro 5 de febreiro.

“KAZ leva ao espectador a través dunha viaxe cinematográfica de dedicación e creatividade a través do obxectivo de Kazunori Yamauchi, o arquitecto detrás do nacemento do Gran Turismo e os seus 15 anos de evolución. O filme amosa imaxes e historias nunca antes contadas por algunha da xente máis influínte na industria automobilística e dos videoxogos.”

O documental foi gravado durante un período dun ano en máis de 12 localizacións ao redor do globo.

toyota-ft-1-concept
A nova actualización do Gran Turismo 6, lanzada hoxe mesmo, 14 de xaneiro, permitirá aos usuarios poñerse ao volante do novo modelo da marca Toyota, anunciado esta mesma semana no Salón Internacional do Automóbil de Norte América (NAIAS) en Detroit.

O novo Toyota FT-1 Concept é a nova aposta da marca nipona polos modelos deportivos de altas prestacións.

nissan-gt-academy
Hoxe mesmo chega ás tendas a nova entrega da saga de simulación de conducción, o «Gran Turismo 6»

Gran Turismo 6 é o primeiro da saga en introducir as tan habituais como pouco populares “microtransaccións”, mais dende Polyphony xa se apresuraron a comentar que serán opcionais e non limitarán o progreso no xogo, como sucede noutros títulos.

Os paquetes de créditos dispoñibles serán:

  • 500.000 Cr: 4,99 €
  • 1.000.000 Cr: 9.99 €
  • 2.500.000 Cr: 19.99 €
  • 7.500.000 Cr: 49.99 €

Sony publicou na súa canle de PlayStation 3 en Youtube estes dous vídeos.

O primeiro é o anuncio para televisión que se emitirá en Europa para promocionar este novo xogo:

O segundo vídeo é a introducción coa que se atoparán os xogadores cando inicien o xogo na súa videoconsola:

nfs-movie
Dreamworks está a traballar nunha adaptación cinematográfica da popular saga de carreiras «Need for Speed».

A película contará coas características que fixeron coñecida á saga: superdeportivos, persecuicións policiais e explosións.

Aos mandos do proxecto está o director Scott Waugh. En canto ao reparto, estará protagonizada polos coñecidos actores Aaron Paul (co-protagonista da exitosa serie Breaking Bad), Michael Keaton e Dominic Cooper.

Está previsto que o filme chegue ás salas en marzo de 2014.

Pola súa banda, Sony tamén está a traballar na adaptación á gran pantalla do seu simulador de carreiras Gran Turismo, pero aínda non hai datas confirmadas.

Gamelab Barcelona 2013

Por: Martes, 25 de Xuño de 2013, 11:00 COMENTAR

gamelab2013

Non é o E3 de Los Ángeles mais está moito máis preto, a edición do Gamelab de Barcelona deste ano, xa a novena, desevolverase durante esta semana, e nela darase cita o máis importante da industria do sector dos videoxogos e do ocio dixital, non so a nivel estatal, se non mesmo a nivel internacional, xa que o evento pasa por ser un dos máis importantes de Europa no seu ámbito. Durante tres días o público poderá asistir a conferencias, mesas redondas e talleres, sendo os conferenciantes estrela desta edición xente coma Michel Ancel (creador de Rayman), ou Matias Myllyrinne (director de estudio de Remedy Entertainment, os creadores de Max Payne e Alan Wake) entre outros.

GoW en gamelab

Público asistente nunha edición anterior do Gamelab

Mais é portas adentro, nas sesións de networking entre profesionais, onde teñen lugar os encontros que dan sentido a este tipo de eventos. Se para o siareiro dos videoxogos a atención está centrada en probar determinado xogo novo, conseguir mercadotecnia exclusiva ou escoitar a algún dos seus ídolos creativos, para as empresas e os profesionais do sector trátase, case simplemente, de negocios. E é que non podemos esquecer que o noso hobby preferido move máis cartos que o cine e a música xuntos.

Como evento paralelo á feira fallaranse os premios da Academia Española de las Artes y las Ciencias Interactivas, na súa sexta edición, onde se se repasa a lista de finalistas e nominados, chégase a conclusión da importacia crecente que os xogos para dispositivos móbiles veñen collendo nos últimos anos, especialmente entre desenvolvedoras con orzamentos limitados. Nesta ocasión o premio de honra recaerá no visionario deseñador Will Wright, pai dos hipercoñecidos Sims. Na anterior edición este premio foralle outorgado a Kazunori Yamauchi, o creador do exitoso xogo de coches Gran Turismo.

Así que se estes días ides estar pola cidade condal, non deixedes de pasarvos pola feira e contarnos logo as vosas impresións.