Tráiler da historia de Dead Rising 3

Por: Luns, 11 de Novembro de 2013, 15:42 COMENTAR

dead-rising-3

Son eu ou o salto gráfico con respecto da próxima xeración non é tan importante como están a dicir. Polo de momento non me pareceu que ningún título dos que amosaron rechamase tanto, e agora, que nos chega o tráiler de Dead Rising 3, non vexo moita diferenza (ou ningunha) entre a Xbox 360 e Xbox One.

Obviamente falo deste tráiler que parece que non apostará pola calidade gráfica, e si polo número de personaxes en pantalla.

Dádelle a play e compartide a vosa opinión, porque a ver se vai ser cousa miña todo isto…

Fortnite, un dos xogos no que traballa Epic Games

Fortnite, un dos xogos no que traballa Epic Games

O fundador da famosa compañía Epic Games, Tim Sweeney, fixo unhas serie de declaracións á prensa falando sobre o propio futuro do estudo e incluso opinando en como serán os gráficos nun futuro próximo.

Tim Sweeney aclarou que actualmente están a traballar en tres títulos simultaneamente, un deles é Fortnite, un xogo exclusivo para PC do que xa levamos un tempo sen saber nada del, outro é un triple A de acción competitiva online, e por último, o terceiro proxecto é un xogo que está sendo realizado por un estudo que compoñen tan só tres persoas.

Pero o fundador de Epic Games non quedou aquí, e falou sobre como serán os xogos nun futuro, aclarando que os gráficos fotorrealistas non son o problema, senón a simulación da I.A, sincronización labial, etc:

Os xogos serán absolutamente fotorrealistas de aquí a dez anos, isto só move o desafío dos gráficos a problemas que non sabemos como resolver, como simular a intelixencia humana, a animación, a fala, a sincronización labial.

Aínda quedan moitas áreas que requiren ser investigadas constantemente polo resto das nosas vidas antes de que estemos preto de chegar á realidade.

Tamén aclarou cal vai ser o futuro do motor gráfico no estudo e como é obvio, falou sobre o Unreal Engine 4:

Por isto eliximos deseñar Unreal Engine 4 pensando na escalabilidade e flexibilidade máis que nunca na historia da compañía.

Isto significa que agora, cada vez máis, podemos pensar en crear un xogo e lanzalo en todas as plataformas que sexa apropiado, ben sexa en sobremesa, PC, tablet ou web. Significa que podemos chegar potencialmente a u público moito maior, e que será pouco a pouco máis importante a nivel mundial.

Aínda que despois de ver a seguinte táboa comparativa entre as próximas consolas de sobremesa podemos dicir que a calidade gráfica será moi similar entre elas:

comparacion ps4 xone

O vicepresidente de Sony, Guy Longworth, falou sobre a potencia da PS4 aclarando que terá maior fidelidade gráfica que a súa competidora Xbox One:

A realidade é que cada vez que hai un cambio de xeración, o terreo de xogo aumenta, e cremos, que en realidade temos unha superioridade en canto a fidelidade gráfica.

Cremos que temos o correcto para os xogos, cremos que é o correcto para a nosa plataforma e estamos encantados de contarllo á xente.

Novo gameplay do RAGE

Por: Venres, 26 de Agosto de 2011, 14:39 COMENTAR

Continúan a chegar pinceladas do que será o novo título da ID Software, RAGE. Desta volta un gameplay de case cinco minutos en que avanzamos eliminando criaturas até concluír a misión.

Eu aínda fico pasmado co ben que se ve, alén do desenvolvemento do videoxogo, con troca de armas, robots que nos axudan, moito movemento…

Supoño que tamén terei que mencionar que este vídeo contén algo de SPOILER, mais creo que o xogo será grande suficiente como para deixar este vídeo (e a misión) a un segundo plano, e que non interrompa nin un segundo na correcta evolución do xogo.

Amantes dos FPS, xa falta menos.