b2-goty
Segundo se filtrou na rede, Gearbox Software está a preparar unha “Edición Xogo do ano” (“GOTY”, se o preferides) do seu exitoso «Borderlands 2», que incluirá todo o contido descargable publicado ata o de agora:

  • Creature Slaughter Dome
  • Psycho Pack
  • Captain Scarlet’s And Her Pirate’s Booty
  • Sir Hammerlock’s Big Game Hunt
  • Mister Torgue’s Campaign Of Carnage
  • Tiny Tina’s Assault On Dragon Keep
  • Ultimate Vault Hunter Upgrade
  • Mechromancer Pack

Aínda se descoñece a data oficial de lanzamento, pero agárdase que sexa en breve.