A partir do vindeiro 1 de Xaneiro e ata o día 15 do mesmo mes, os membros Gold de Xbox Live para Xbox One poderán descargar de balde o «D4: Dark Dreams Don’t Die» (14,99 €).
«D4» de balde con «Games with Gold» para Xbox One
«MX vs. ATV Alive» e «The Witcher 2» de balde con «Games with Gold» para Xbox 360
Durante a primeira quincena de xaneiro, os usuarios Gold de Xbox Live para Xbox 360 poderán descargar de balde o «MX vs. ATV Alive» (39,99 €), mentres que na segunda quincena terán o «The Witcher 2» (29,99 €).
Neste vindeiro mes de abril, que comeza mañá mesmo, Microsoft agasallará aos membros cunha subscrición Gold a Xbox Live outros dous xogos dentro da promoción «Games with Gold».
Durante a primeira quincena do mes, poderase descargar de balde o «Hitman Absolution» (2012), última entrega da coñecida saga do Axente 47.
Para a segunda quincena e como ven sendo habitual, ofrecerannos un título de Xbox Live Arcade. Neste caso o título «Deadlight» (2012), un “survival horror” do estudo español Tequila Works.
Aqueles de vós que teñades unha subscrición Gold na vosa conta en Xbox Live poderedes descargar durante esta primeira quincena do mes de marzo o xogo de estratexia Sid Meier’s Civilization Revolution, totalmente de balde, dentro da promoción «Games with Gold» coa que a compañía Microsoft está a agasallar dous xogos ao mes dende o pasado o mes de xuño do ano pasado.
Durante a segunda quincena, e como ven sendo habitual, teremos para descargar un xogo da categoría Arcade: o Dungeon Defenders.
En meses pasados, Microsoft ofreceu aos usuarios títulos como o Halo 3, Dead Rising 2 ou o Fable III, entre outros.
Xbox Live Gold, de balde durante esta fin de semana
Despois do recente lanzamento do exitoso (e nun principio tamén problemático, como era de agardar) GTA Online, a compañía Microsoft non quere desaproveitar esta oportunidade e ofrecerá a todos os usuarios Silver a posibilidade de probar as vantaxes da subscrición Gold do seu servizo Xbox Live durante esta vindeira fin de semana.
«Halo 3», de balde con «Games with Gold» na segunda quincena de outubro
Dende hoxe, 1 de outubro e ata o vindeiro día 15, os membros Gold de Xbox Live poderedes descargar de balde o «Might & Magic: Clash of Heroes», tal como xa vos anunciaramos hai uns días.
Agora xa coñecemos o título que nos ofrecerán durante a segunda quincena deste mes de outubro e non será outro que o coñecido «Halo 3», título que xa anunciaran que incluirían nesta promoción, mais aínda non se sabía cando.
Lanzado ao mercado en setembro de 2007, foi o primeiro título da exitosa saga de Bungie para a Xbox 360.
Para os que non a coñezades, coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft está a agasallar, dende o pasado xuño e ata o vindeiro decembro, con dous xogos ao mes aos membros Gold do seu servizo Xbox Live. Polo de agora, incluíron títulos principais como o «Fable III», «Assassin’s Creed II»ou «Dead Rising 2» e títulos arcade como o «Magic 2013» ou «Defense Grid: The Awakening», entre outros.
Might & Magic: Clash of Heroes, de balde en outubro en Xbox Live
Segundo confirmou Microsoft, o título da primeira quincena de outubro dentro da promoción Games with Gold, coa que está a agasallar dous xogos ao mes aos usuarios cunha subscrición Gold a Xbox Live, será o Might & Magic: Clash of Heroes (Ubisoft, 2011).
“Xa está dispoñible para XBLA o premiado xogo Might & Magic Clash of Heroes! Vive a épica aventura de 5 novos heroes que deberán liderar aos seus exércitos para salvar o mundo de Ashan. Descobre unha mezcla única de RPG, batallas e crebacabezas e os novos modos de combate online e offline de ata 4 xogadores. – Desfruta de 20 horas de campaña no impresionante universo de Might & Magic e aprende incríbles combos – Lidera 10 faccións de heroes e feitizos, 40 criaturas con diferentes habilidades e máis de 50 artefactos. – Reta aos teus amigos tanto online como offline, 1 contra 1 ou no novo modo cooperativo 2 contra 2. – Aumenta a experiencia do teu heroe ata convertilo nun campión nos modos exclusivos online de batallas con ranking.”
Máis información do xogo en Xbox.com.
Dende que o pasado xuño, o anunciara na súa conferencia no E3, Microsoft está agasallando con dous xogos ao mes aos membros Gold de Xbox Live. Nos meses anteriores puxeron de balde títulos como o «Assassin’s Creed II», «Dead Rising 2» ou «Crackdown».
Durante a primeira quincena do setembro, os que teñades unha subscrición Gold, poderedes descargar de balde o «Magic 2013», adaptación do coñecido xogo de cartas. Para a segunda quincena, teredes dispoñible o shooter «Tom Clany’s Rainbow Six Vegas».
Esta promoción durará ata o vindeiro decembro.
Crytek confirmou que haberá unha versión do «Warface» para a videoconsola Xbox 360.
Aínda que este shooter en primeira persoa será un free-to-play, requerirá ter unha subscrición Gold en Xbox Live para poder xogalo.
Polo de agora está aberta a inscrición para a versión beta do xogo para PC na páxina oficial de Warface
Aínda se descoñecen as datas de lanzamento, pero agárdase que sexa a comezos de 2014.
A partir de mañá e ata o vindeiro 15 de agosto, os membros Gold de Xbox Live poderán descargar gratuitamente o videoxogo Crackdown, dentro da promoción «Games with Gold», coa que Microsoft está a agasallar ata decembro aos seus usuarios con dous xogos cada mes.
Na segunda quincena do mes, o xogo elixido por Microsoft é o Dead Rising 2, e incluso melloran a oferta incluíndo tamén o Dead Rising 2: Case Zero, precuela desta segunda entrega da saga de zombies.
Novos títulos para a promoción «Games with Gold» en xullo
Durante o pasado E3, Microsoft anunciou a promoción «Games with Gold», coa que ata decembro deste ano agasallaría con dous xogos ao mes a todos os usuarios cunha conta Gold en Xbox Live. O pasado xuño, estivo para descargar de balde o Fable III.
Agora, xa en xullo, os usuarios poderán descargar durante esta primeira quincena o «Defense Grid: The Awakening», que definen como “o xogo de estratexia de torres defensivas definitivo”. Recentemente, Larry Hryb, máis coñecido como Major Nelson, anunciou que durante a segunda quincena ofrecerán de balde o «Assassin’s Creed 2», segunda entrega da popular e exitosa saga de Ubisoft.
I can confirm that Assassin’s Creed II will be the next free title released in the Xbox “Games With Gold” Program http://t.co/c7mRquZZHL
— Larry Hryb (@majornelson) July 3, 2013
Durante a presentación da promoción, outro dos títulos que nomearon foi o «Halo 3» que estará dispoñible próximamente.
«Spartacus Legends» gratis para os membros Gold de Xbox Live
Todos os que sexades membros Gold de Xbox Live podedes descargar gratuitamente o xogo «Spartacus Legends».
Creado por Kung Fu Factory e publicado por Ubisoft, este xogo arcade permítenos meternos na pel dun gladiador romano e, combinando diversos estilos de loita e armas, combater en diversas arenas para acadar unha fama lexendaria que perdure durante séculos.
Para descargalo, podedes entrar a través do anuncio da páxina de inicio da interface ca Xbox 360, buscalo no bazar ou dende a páxina web, para que se descargue automáticamente a vindeira vez que iniciedes a vosa videoconsola.