call-of-duty-ghosts
Se a calidade dos gráficos dos videoxogos avanza a pasos axigantados, os requisitos de hardware destes non se quedan atrás e os xogadores de PC ven con impunidade como o seu ordenador queda obsoleto en moi pouco tempo.

Un claro exemplo disto, será a vindeira versión para PC do «Call of Duty Ghosts», que precisará dun mínimo de 6 GB de memoria RAM e nada menos que 50 GB de espazo no disco duro. Como consecuencia deste primeiro requisito, tamén será necesario ter un sistema operativo de 64 bits, debido á limitación de 4 GB dos sistemas antigos de 32 bits.

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows 7 64-Bit / Windows 8 64-Bit.
  • CPU: Intel Core 2 Duo E8200 2.66 GHz / AMD Phenom X3 8750 2.4 GHz ou mellor.
  • RAM: 6 GB RAM.
  • Disco duro: 50 GB de espazo libre.
  • Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 550 Ti / ATI Radeon HD 5870 ou mellor
  • Tarxeta de son: Compatible con DirectX.
  • DirectX: 11.
  • Internet: Conexión de banda larga para o Multixogador. É necesaria unha conexión á Internet para a activación do xogo.

Fonte: Páxina de Nvidia.

Como non, dende Nvidia tamén recomendan ter unha GeForce GTX 780 para obter o mellor rendemento gráfico.

O lanzamento para PC, así como para PlayStation 3, Wii U e Xbox 360, está previsto para o vindeiro 5 de novembro, mentres que para PlayStation 4 e Xbox One está previsto para a data de lanzamento de cada unha, 29 e 22 de novembro, respectivamente.

gpu-titan-oem
Na eterna loita por ter a gráfica de maior potencia, Nvidia da un novo paso adiante presentando a GeForce GTX Titan.
Esta nova gráfica de Nvidia contará na súa versión básica cunha versión do chip GK110 con fabricación de 28 nanómetros e 6 GB DDR5 a 6008 Mhz.

Outras especificacións da tarxeta gráfica:

  • Contén 7.000 millóns de transistores (o dobre que a GPU GeForce GTX 680 e un pouco máis que a GTX 690, que conta con dobre GPU)
  • Posee 2668 núcleos de GPU (un 75% máis que a GTX 680 de NVIDIA) e 224 unidades de textura.
  • Frecuencia de reloxo de 837 MHz, e ata 876 MHz acelerada.
  • Proporciona 4,5 Teraflops de capacidade de cálculo en coma flotante de precisión simple e 1,3 Teraflops de precisión doble.
  • Incorpora a nova tecnología Boost™ 2.0, que aumenta automáticamente o rendemento gráfico e inclúe controis avanzados de axuste do voltaxe para obter maior control de xogo e máis opcións de personalización de overclocking.
  • Poden combinarse 3 GPU GTX TITAN en modo SLI triple para conseguir aínda máis potencia.
  • Bus de datos de 384 bits (aínda que os rumores falaban de 512 bits).
  • Consumo de 250 watios, só 45 máis que a GTX 680 e 50 menos que a GTX 690.
gtx-titan-performance-chart

Comparativa de rendemento con outras tarxetas gráficas

A súa saída ao mercado está prevista para o vindeiro 25 de febreiro e estímase que o seu prezo rondará os 750 €.

Máis información da gráfica na web de Nvidia.