O filme de Gears of War volve a resucitar

Por: Mércores, 10 de Outubro de 2012, 12:29 COMENTAR

Por se non o recordades a adaptación cinematográfica da triloxía Gears of War debía comezar a súa rodaxe no 2010, pero moi mal deberon ir as cousas para que o proxecto se estancase de maneira indefinida.

Todos os fans respiramos tranquilos cando soubemos que a cinta estaba practicamente cancelada pero para horror dos nosos ollos esta nova adaptación volve ameazar no horizonte.

A productora que se encarga do proxecto New Line volveu a poñer en marcha o filme de Gears of War.

principio a cinta estaba ligada ao director Len Wiseman (Underworld, Die Hard 4 ou a última de Desafío Total) aínda que neste novo rumbo que toma o proxecto cabe a posibilidade que estes rumores se modifiquen por completo.

Normalmente non acostumo poñer datas de saída de videoxogos porque os retrasos están á orde do día, pero estamos a falar de Gears of War: Judgment, a nova entrega de Gears of War que nos poñerán á fronte do escuadrón Delta liderado polo simpático Baird.

Deste xeito como gran seguidor desta saga non podo deixar pasar por alto a data de saída desta cuarta entrega dunha saga que xa será recordada.

Así, o 19 de marzo teremos en todas as tendas esta precuela da triloxía orixinal.

Estará á altura?, simplemente se aproveitará do título?, a ver Epic Games con que nos sorprende.

Confirmado Gears of War: Judgment

Por: Sábado, 2 de Xuño de 2012, 13:26 COMENTAR

Dende que Gameinformer sacou na súa portada unha silueta que cheiraba de lonxe á saga Gears of War, só era cuestión de tempo que sacasen máis información para gusto de todos os fans.

Agora xa é unha realidade, e non se deron aguantado á chegada do E3 para amosar un par de imaxes que nos mostran como vai ser.

Como podemos ver, parece que encarnaremos a Baird e Cole (compañeiros de Marcus e Dom) os que están acusados por crimes militares.

Todo apunta que será unha precuela da triloxía dirixida por Marcus Fénix e coméntase que ofrecerá máis liberdades que a triloxía orixinal.

O xogo está desenvolvido por People Can Fly, responsábeis do xenial Bulletstorm, así que podemos ter boas esperanzas neste novo Gears of War.

Esperaremos á conferencia de Microsoft no E3 para ver algo máis.

Arte Gears

Por: Venres, 23 de Setembro de 2011, 14:25 COMENTAR

(Vía: gamesfreaks)

A adapatación cinematográfica do Gears of War anda a dar tumbos e viravoltas sen rumbo fixo. Porén uns fans da saga non quixeron perder o tempo en esperas que posibelmente non cheguen a ningures e resolveron crear a súa propia mediametraxe.

Aquí só vos mostro unha pequena porción desta creación duns fans que pretende transmitir a esencia da saga. Honestamente non teñen moitos medios, nin existe moito espectáculo, mais sempre agradan estas cousas creadas por xente que de verdade gosta de Gears of War.

Aparentemente tentarán facer un filme duns 20 minutos. Eu, desde aquí, doulle o meu apoio.

Masturbation of Wars 3

Por: Martes, 30 de Agosto de 2011, 18:01 COMENTAR

Esta mesma mañá saíron á luz os datos de vendas de software e hardware en Ianquelandia. E aínda que no tema dos videoxogos a cousa ten mellor traza, na venda de videoconsolas os datos son máis fracos. De todos os xeitos a protagonista é a 3DS vendendo millóns e millóns de unidades… é brincadeira, é brincadeira, esta a ver se comeza a despegar agora aos poucos, moi aos poucos.

Agora falando en serio, a máis vendida foi a Xbox 360 con 277.000 unidades vendidas, manténdose líder.

Despois de saber isto a Microsoft declarou nunha nota de imprensa:

“Co Gears of War 3 lanzado no mes que vén e con moitos lanzamentos principais que lle seguirán durante a recta final do ano esperamos manter o liderado da Xbox 360 nos Estados Unidos e acabar 2011 como a consola número un en todo o mundo”

Non sei se as palabras empregadas serán demasiado demagóxicas, mais o que si que sei seguro é que o Gears of War 3 será un título que dará moito que falar, que fechará unha triloxía impactante e impresionante, e que como vedes no noso apartado de próximos lanzamentos apenas restan 39 días para poder desfrutalo.