1up-gamespy

Menos dun mes despois da compra do grupo IGN por parte da empresa J2 Global de Ziff Davis, un portavoz da compañía confirmou que parte do persoal será despedido e algunhas páxinas do grupo como as recoñecidas 1UP ou GameSpy, entre outras, serán pechadas.

“Estamos a centrarnos nas nosas dúas marcas emblemáticas, IGN e AskMen”, comentou o portavoz. “Desgraciadamente, como resultado, tomamos a decisión de pechar sitios web e reestruturar os nosos equipos”.

Os detalles da adquisición do grupo IGN por parte de J2 Global non foron publicados, pero informes previos cifran a compra moi por baixo dos 650 millóns que News Corp. pagou en 2005 pola mesma.

Sempre permanecerán na nosa memoria.