gamers-no-Youtube

A pesar de que o Youtube conta cun servizo de emisións ao vivo desde hai anos, o chamado Youtube Live, parece que nunca deu callado. Está activo, hai algunhas retransmisións de todos os tipos nel, mais está oculto nun segundo plano dentro do portal de vídeos. Entón, vendo o auxe dos eSports e o streaming de partidas, hai un ano a Google tentou facerse coa líder no mercado, Twitch, que por desgraza para eles foi finalmente comprada por Amazon. Significaba isto que a Google ía abandonar este apetitoso mercado? Non ho!

En Memoria Pixelada: «Steam xa permite retransmitir»
En Memoria Pixelada: «Open Broadcaster Software, gameplays para todos»

Segundo unha información do The Daily Dot, a Google estaría a prepararse para o relanzamento do Youtube Live, totalmente renovado e reformulado para ser unha alternativa ao Twitch. “Os videoxogos e os eSports en particular serán as grandes forzas que van conducir este novo YouTube Live”, declarou unha fonte ao The Daily Dot. “Non será fácil para o YouTube alcanzar o Twitch no referido ás transmisións de videoxogos, mais ter alternativa e concorrencia é sempre algo bo para o público”. E cando será mostrado? Pois suxiren que no E3 deste ano, que decorrerá os días 16, 17 e 18 de xuño. Teremos que esperar para ver.

Canal de Memoria Pixelada no Twitch
Canal de Memoria Pixelada no Youtube

Primeiro gameplay de FIFA 14

Por: Martes, 27 de Agosto de 2013, 17:18 COMENTAR

O 27 de setembro chegará ás tendas unha nova entrega da famosa saga de simulación futbolística FIFA e para todos aqueles amantes destes xogos, EA lanzou o seu primeiro gameplay.

E ollo, case 38 minutos de gameplay no que os máis puristas podedes analizar e ver como se move esta nova entrega.

Existe moita mellora entre a anterior entrega e esta? Estades indecisos se decantarte polo PRO? Sexa cal sexa a túa pregunta, FIFA 14 promete manterse líder como o fixo nesta xeración.

O 21 de novembro chegará ás nosas tendas un dos xogos que máis está dando que falar dende que se presentou, Watch Dogs. Aínda que Ubisoft sabe perfectamente que se converterá nun “vendeconsolas” segue no seu afán de meternos aínda máis ganas no corpo cun novo tráiler, no que vemos ao protagonista facer novos usos das súas dotes de hackeo.

Watch Dogs pinta moi pero que moi ben, mais non me podo evitar facer un par de cuestións:

Como será a xogabilidade deste título?

Será tan enorme como parece (sobre todo a nivel técnico) as diferentes versións de consolas?

Mentres pensades nestas respostas botádelle un ollo ao tráiler.

Primeiro gameplay de InFamous: Second Son

Por: Mércores, 12 de Xuño de 2013, 12:59 COMENTAR

Xa temos visto bastantes tráilers desta nova entrega de InFamous para a PS4, mais esta vez é a primeira que vemos o xogo real en movemento.

Como podedes ver o efecto das partículas é impresionante, non tanto a recreación da cidade que esperemos que se compense coa diversión, pero polo que parece espectáculo non vai faltar.

Case todo é destructíbel e podemos observar algúns dos poderes do protagonista, incluído o movemento final.

Botádelle un ollo e comentade o que vos parece.

Gameplay de “Killzone: Mercenary”

Por: Xoves, 31 de Xaneiro de 2013, 10:44 COMENTAR

Como dixen onte, parece que a PS Vita comeza a resucitar lentamente, e un exemplo máis é o lanzamento do gameplay de Killzone: Mercenary para a portábel de Sony que a verdade, deixa moi bo sabor de boca.

Tendo en conta que os últimos FPS non foron alá moi correctos, recordemos Resistance e Call of Duty, este parece que si que vai estar á altura da portábel.

Un nivel gráfico moi bo, naves espaciais, ataques corpo a corpo, gran variedade de armas e todo isto nuns escenarios cheos de cousas e que non deixan de moverse. Promete.

O título poñeranos na pel nun grupo de mercenarios que realizará misións tanto para o bando ISA como Helghast e no que destacará o multixogador.

Polo de momento a esperar tocan,xa que até o 18 de setembro non chegará ás tendas.

A piques de ser presentado a nova entrega de Metro no E3, THQ acaba de lanzar unha curtametraxe con imaxes reais na que podemos observar como comezou esta historia.

Deste xeito, despois dunha serea que anuncia a caída de bombas nucleares, os habitantes da cidade fuxen cara o Metro a refuxirse da situación inminente.

Xenial recreación.

Tras o salto podedes ver algo de gameplay desta segunda entrega de Metro. A primeira parte sumerxíanos nunha ambientación espectacular que se promete repetir en Last Light.

Ler o resto da entrada »

Novo tráiler de DMC (Devil May Cry)

Por: Martes, 10 de Abril de 2012, 12:24 COMENTAR

Capcom acaba de publicar un novo vídeo do que será a nova entrega de Devil May Cry, un tráiler bastante tolo no que se nos amosa a un protagonista sen roupa que se enfronta a un enorme demo que nos lanza atraccións de feira (como debe ser) mentres que nós destruímos ao resto de inimigos ao mesmo tempo que nos imos vestindo.

http://www.youtube.com/watch?v=o_8Aj5vmz8o&feature=player_embedded

Novo tráiler de Hitman: Absolution

Por: Sábado, 31 de Marzo de 2012, 17:06 COMENTAR

O axente 47 pretende volver ás consolas por todo o alto e o nova tráiler que vos amoso métenos aínda máis ganas de botarlle a man a Hitman: Absolution.

O vídeo mistura partes gameplay con espectaculares cinemáticas obtendo un resultado hypeante para o espectador. Máis infiltración e máis acción (seguimos vendo a típica mansión que nos levan ensinando dende un inicio) pero todo coa carisma que caracteriza a este protagonista.

Agora só queda que IO Interactive confirme a súa data de lanzamento que polo de momento non dixo nada ao respecto.

Dez minutos de Ninja Gaiden 3

Por: Luns, 12 de Marzo de 2012, 10:25 COMENTAR

Os gameplay son a mellor forma de saber como se ve un xogo de verdade e aquí temos dez minutazos de intensa acción do Ninja Gaiden 3.

E aínda que a acción é frenética non parece que o apartado técnico esté a un nivel o que se espera a estas alturas. De todos xeitos mentres a diversión se manteña a min chégame, veremos se este apartado está máis coidado.

Polo de momento podedes sacar as vosas propias conclusións co vídeo.

Cómo hypear un videoxogo?, con tetas

Por: Xoves, 26 de Xaneiro de 2012, 12:19 COMENTAR

Vale, cos vídeos e novas que xa se coñecen de Asura´s Wrath eu xa estou máis que “hypeado” (nunca me gustou demasiado esta palabra) pero a compañía que está a desenvolver este gran xogo sabe que non abonda con isto e polo tanto decidiron entroducir no xogo… TETAS.

O resultado é un pequeno minixogo no que o protagonista está acompañado dunha escultural dama na que beben e xogan entre eles. Pero Asura´s Wrath non se caracteriza por ser un título de amor e romanticismo, polo que o vídeo remata xusto como ten que rematar.

Non sabemos se o proxecto final incluirá máis destes pequenos minixogos, porque ao fin e o cabo, non é a verdadeira alma de Asura´s Wrats, e se queredes ver cal é o espíritu verdadeiro deste título, mirade os vídeos tras o salto e decídeme se non tedes ganas de xogalo.

http://www.youtube.com/watch?v=Sf_uc8QVWLw&feature=player_embedded

Ler o resto da entrada »

Novo gameplay do RAGE

Por: Venres, 26 de Agosto de 2011, 14:39 COMENTAR

Continúan a chegar pinceladas do que será o novo título da ID Software, RAGE. Desta volta un gameplay de case cinco minutos en que avanzamos eliminando criaturas até concluír a misión.

Eu aínda fico pasmado co ben que se ve, alén do desenvolvemento do videoxogo, con troca de armas, robots que nos axudan, moito movemento…

Supoño que tamén terei que mencionar que este vídeo contén algo de SPOILER, mais creo que o xogo será grande suficiente como para deixar este vídeo (e a misión) a un segundo plano, e que non interrompa nin un segundo na correcta evolución do xogo.

Amantes dos FPS, xa falta menos.

Parécevos que exaxero no título?, pois despois de dicirvos que Silent Hill: Book of Memories será un novo xogo da saga para PS Vita, quero propoñervos unha cousa.

Seguro que a maioría de vós xogastes a algún Silent Hill, pois imaxinádevos como podería ser na próxima portábel de Sony, imaxinade ben, porque moito me temo que non ides acertar coa realidade.

Tampouco son moi fanático desta saga a verdade (aínda que xogara a case todos) mais despois de ver o seguinte gameplay non quero saber como se deberán sentir os verdadeiros seguidores de Silent Hill, moito me temo que estarán a chorar.

Perspectiva cenital?, maxias?, si amigos, benvidos a “Book of Memories”