36506.retron-5-xl

Se pensabamos que o Retrode era a útima opción para xogar cos nosos cartuchos de 16 bits, a compañía Hyperkin quere demostrarnos que estabamos equivocados, e rizan o rizo sacando ao mercado a multiconsola RetroN 5, unha nova consola que fusionará os sistemas de catro plataformas clásicas: Nes, Super Nes, Mega Drive e Game Boy Advance (tamén Game Boy e Game Boy Color) e engadindo ao software o adaptador Sega Power Base Converter tamén se poderá facer uso dos cartuchos de Master System. RetroN 5 é a sucesora de RetroN 3, que saía en 2010 sendo compatible cos tres primeiros sistemas antes indicados.

Ler o resto da entrada »

Lembranzas de Pokémon

Por: Xoves, 7 de Marzo de 2013, 19:25 COMENTAR

Nostalxia de Pokémon

Ai, aqueles marabillosos anos… facémonos vellos!

Vía | Comunidade Pokémon no Google+

Hackea a túa vella Game Boy cunha Raspberry Pi

Por: Xoves, 28 de Febreiro de 2013, 16:31 COMENTAR

img_20130201_1633251

En Memoria Pixelada xa vos mostramos como converter unha vella Game Boy estragada nun gamepad para Android, ou como construír dentro dela a consola portátil definitiva. Pois hoxe imos dar outra posibilidade máis, para que non vos queixedes. Hoxe imos usar unha Game Boy para crear unha carcasa para a Raspberry Pi.

Para quen non a coñeza, a Raspberry Pi é un pequeno computador do tamaño dun cartón de crédito, todo integrado nunha única placa. Ten a potencia dun smartphone e é moi moi simple. E é precisamente esa simpleza o que fai que sexa o obxecto máis amado polos amantes da programación. Se che entra a curiosidade, podes saber máis sobre ela no web oficial (en inglés).

Mais vaiamos ao tema, desde o web Hack a Day móstrannos como facer para introducir o trebello dentro da carcasa dunha Game Boy estragada. Trátase dun proxecto simple, só hai que baleirar a Game Boy e facer algún axuste na carcasa. Toda a información e imaxes está nesta páxina.

Lamentabelmente o autor deste hack tiña a pantalla da Game Boy estragada, polo que a substituiu por unha imaxe estática que colou ao cristal pola parte de dentro. Sería xenial poder ter unha Raspberry Pi dentro da Game Boy que funcionase realmente de xeito autónomo, coa súa propia pantalla e os botóns operativos, ou? Pois esa foi a idea do proxecto uXeBoy, de Daniel O’Shea, que podedes ver no vídeo a seguir.

A uXeBoy tentou facer unha campaña de crowfunding para ir adiante, mais lamentabemente non funcionou. Significa iso que debemos rendernos? Non, iso nunca!

Unha terceira persoa foi capaz de ir un paso máis alén e crear a xunción de Game Boy e Raspberry Pi definitiva: a GamePi. Un monstro portátil con 6 portos USB, unha saída HDMI, lector de cartóns de memoria SD, conexión á internet (con cable) e unha pantalla TFT a cor. Basicamente, un computador completo metido dentro dunha Game Boy Classic. Todo un soño para geeks.

Como podedes ver, construír unha GamePi é unha fazaña só apta para persoas verdadeiramente habilidosas. Tendes máis información sobre como construíla no foro oficial da Raspberry Pi (en inglés).

Game Boy e Tetris

Por: Xoves, 28 de Febreiro de 2013, 12:26 COMENTAR

game boy gif

Todos os que tivemos unha Game Boy tivemos este xogo, viciamos a este xogo e viciaremos a este xogo

Fonte | Raffaroffa

Camisola da Game Boy

Por: Domingo, 24 de Febreiro de 2013, 12:14 1 COMENTARIO

camisola.gameboy

Elegante pero informal, tanto che vale para pór durante a semana como para ir á misa aos domingos.

Comprar | 18,29€ en Redbubble.com

Game Boy vs Games Gear

Por: Martes, 5 de Febreiro de 2013, 14:51 COMENTAR

Os máis veteranos entenderano

Fonte | Johan Vinet

Todo comezou cun rapaz que queria facer un regalo de aniversario a un amigo. Como tiña certa experiencia en modificar aparellos electrónicos, pensou… por que non facer unha Game Boy que poida emular xogos de Game Boy, Game Boy Color, Game Boy Advance, Master System, NES, SNES, Neo Geo e demais consolas retro?

Si, hai pouco falamos de como tornar a túa Game Boy nun gamepad para Android, mais este rapaz vai moito máis alén. O que por fóra é unha Game Boy Classic, por dentro é unha Dingoo A330, con conexión á televisión, conexión sen fíos, porto USB, lector de mini SD e batería recargábel. Quen non querería ter un amigo que che fixese estes regalazos?

Podes ver as instrucións do proceso, con moitas fotos, na seguinte ligazón: http://casingthejoint.wordpress.com/gameboo/

Vía | Microsiervos

Transforma unha Game Boy nun gamepad para Android

Por: Venres, 11 de Xaneiro de 2013, 22:55 COMENTAR

Moitas de vós teredes pola casa unha Game Boy Classic (tamén coñecida como Game Boy Tixolo ou Game Boy Tocha). E probabelmente non funcione, ou simplemente xa estea obsoleta e non a queirades para nada. Pois… por que non transformala nun gamepad para poder xogar co teu Android?

Esa foi a idea de Chad Boughton, quen deu en facelo e describir o proceso no web Instructables. Que se precisa? Pois unha Game Boy, un Wii Mote, unha carcasa ríxida para soster o teu móbil con Android e o aplicativo Wii Controller IME ou outro semellante. Ah! E un pouco de xeitiño!

Podes ler as instrucións do proceso todo nesta ligazón: http://www.instructables.com/id/Game-Boy-Android-Gamepad/

Exit

Por: Xoves, 13 de Decembro de 2012, 22:26 COMENTAR

`

[Vía: Insanelygaming]

8 Bit Zombie

Por: Mércores, 21 de Novembro de 2012, 14:59 COMENTAR

[Vía: It8Bit]

Game Boy Retro

Por: Martes, 30 de Outubro de 2012, 15:34 COMENTAR

[Vía: It8Bit]

Definición de “nostalxia”

Por: Xoves, 14 de Xuño de 2012, 15:57 COMENTAR

Fonte | NintendoPlus

nostalxia
s.f. Sentimento de tristeza que produce o afastamento da patria, a lembranza dun tempo pasado ou de algo querido que se perdeu ou do que se está lonxe.