fx futbol 2015 xa está rematado

Por: Venres, 12 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

FX Interactive anunciou que o seu simulador de manager deportivo, fx futbol 2015 está xa rematado, aínda que non proporcionou a data de publicación.

 

FX-Futbol-2015-PC-Espanol-07-b

O novo título promete unha chea de novidades sobre os anteriores da saga, entre os que se atopan o poder dar ordes durante os partidos ou un “modo chapas” similar o clásico visualizador 2D do referente do xénero, football manager.

Actualización FXFútbol 1.1

Por: Sábado, 25 de Maio de 2013, 12:02 COMENTAR

fx-futbol-1
Despois de apenas dúas semanas dende o seu lanzamento e ante as enormes críticas por parte de moitos usuarios (como podedes comprobar na análise que fixemos), FX Interactive sae ao paso e lanza esta actualización coa que promete arranxar algúns dos problemas que ten o xogo:

  • Substitución de xogadores e cambio de tácticas en calquer momento do partido.
  • Solución a puntuales saídas ao escritorio.
  • Melloras no mercado de fichaxes para facelo máis dinámico e conseguir máis cartos.
  • Axustes e melloras no comportamento dos xogadores no simulador.
  • Axuste da IA para a resolución do resultado dos partidos.
  • Resolución de erros coas tarxetas amarelas e expulsión de xogadores durante o partido.
  • Resolución de erros nos sorteos das competicións.
  • Resolución de erros puntuais durante as tandas de penaltis.
  • Axustes e melloras da base de datos.
  • Cálculo correcto do resultado global nas eliminatorias de Promoción a FX 1.
  • Optimización das mensaxes do TMI.
  • Indicador visual cando o modo Edición de MyTeam está activo.

A actualización instalarase a próxima vez que iniciedes o lanzador do xogo.

Análise de «FX Fútbol»

Por: Mércores, 22 de Maio de 2013, 16:00 COMENTAR

fx-futbol-1
Cando hai uns meses saíu a nova de que FX Interactive estaba a traballar neste proxecto, os fans da lexendaria saga dos 90, PC Fútbol, viron a luz despois de máis de 5 anos sen ningunha entrega e máis dunha década dende que a defunta Dinamic Multimedia lanzara o que para moitos foi o mellor de todos: o PC Fútbol 2001 (xunto co 7.0, que tamén ten moitos afeccionados).
Ler o resto da entrada »

fx-futbol-1
Para os fans da saga de xestión deportiva, PC Fútbol que tanto éxito tivo nos anos 90, hai boas novas, pois o vindeiro 8 de maio, FX Interactive lanzará unha nova versión que tentará recuperar a esencia da saga, baixo o título FX Interactive.

Despois do paso a mellor vida de Dinamic Multimedia en setembro de 2001, moitos dos fans da saga vían como se perdía o que xa era unha tradición anual. En 2004, vimos de novo a luz, cando Gaelco Multimedia lanzaba o PCFútbol 2005 e nas dúas entregas seguintes antes da quebra de Gaelco non lograron convencer aos fans da saga orixinal polos numerosos erros que tiñan estes xogos.

Agora, xa en 2013, FX Interactive, creada polos mesmos que crearon Dinamic Multimedia, volve á carga e tratará de volver a acadar o éxito que no seu momento tivo. Veremos se o conseguen, como xa dixemos, a partir do vindeiro 8 de maio.

fx-futbol-2

fx-futbol-3

fx-futbol-4

fx-futbol-5

fx-futbol-6

Máis información na páxina de FX Interactive.