Parece ser que non só de publicidade se alimentan as grandes compañías e que os bos xogos son recoñecidos polos xogadores de todo o mundo, así se confirma, xa que Dishonored, un título que chegou sen facer moito ruído está vendendo moito máis do esperado segundo a súa desenvolvedora Bethesda.

Que conleva isto? pois que Pete Hines (relacións púiblicas de Bethesda) non tardou nada en asegurar que con Dishonored teñen unha nova franquicia entre mans o cal asegura segunda entrega.

“Dishonored vendeuse moi ben fóra dos EEUU, así que estamos moi agradecidos a todos os fans que apoiaron a Arkane e o seu froito. Temos unha nova franquicia claramente”

A parte disto seguiron recalcando que Dishonored volvera ser número un en ventas esta fin de semana tanto en tendas físicas como en Steam.

Despois disto só me gustaría dicir que me entusiasma a idea de volver controlar a Corvo noutra aventura, aínda que isto conleve a posibilidade de que a orixinalidade se resinta e incluso a calidade.

Tamén resaltar as palabras de Bethesda mencionando a Arkane, verdadeiro creador do título, porque moitas veces só nos quedamos co nome do distribuidor e non do creador.

Se queredes ver a análise de Dishonored aquí.