Análise de CoD: Modern Warfare 3

Por: Martes, 6 de Decembro de 2011, 16:45 COMENTAR

Fai un tempo Infinity Ward sufríu unha serie de baixas que deixaron ao equipo carentes dalgunhas das súas persoas máis características, detalle que me deixou bastante triste, xa que a miña cabeza inconsciente xa deu por feito que os Modern Warfare non serían o de sempre, pero que equivocado estaba, que inocente fun, porque esta terceira entrega é aínda máis grande que as anteriores (ou polo menos á altura do primeiro), con decenas de situación límite que só poderemos saír victoriosos abríndonos paso a tiros.

É curioso como un desenvolvemento tan sinxelo como é disparar a todo o que se move, se converte nunha das aventuras máis espectaculares do ano, o que me fai preguntar a seguinte cuestión, realmente quén foron os que abandonaron Infinity Ward?, serían os de limpeza, porque a calidade non diminuíu absolutamente nada, ao contrario houbo unha mellora con referente á segunda entrega.

Ler o resto da entrada »

O “RAGE” empregará 3 discos

Por: Luns, 26 de Setembro de 2011, 14:45 COMENTAR

Vai, contade polos dedos, canto falta para o 7 de outubro? Moito non, a verdade. Ide preparando as consolas e PC, dependendo da vosa preferencia, porque será o día que saia o RAGE.

Despois de ver moitísimos vídeos deste novo shooter da ID Software (demasiados vídeos), hoxe sacaron un nova que xa moitos temiamos. Na consola da Microsoft vai ocupar un total de tres discos.

Tendo en conta a potencia que aparenta non me sorprende isto, mais non pensedes que afecta só á Xbox 360, xa que na Playstation 3 terá 8 xigas de instalación, case nada…

Demasiados discos? Demasiada instalación? Xa ides vendo, mais moito me temo que estamos ante outro clásico deste ano.

YEAH

Non fai moito que saíu o rumor de que o primeiro Crysis (ese FPS que tanto emocionou aos usuarios de PC) chegaría ás consolas nunha revisión do propio.

Daquelas non había nada oficial, mais agora xa si, xa podemos asegurar que Crysis aterrará na Xbox 360 e Playstation 3 o próximo mes de outubro a través das súas plataformas online, XBLA e PSN.

Parece ser que terá melloras no control e unha iluminación algo superior. Polo que se apreza no tráiler non se ve nada mal, aínda que dubido que chegue á calidade dun PC na súa máxima potencia.

Como é habitual, aínda non dixeron nada do prezo, pero botádelle polo alto, xa que un xogo destas características supoño que non baixará de 15 ou 20€.

Análise de F.E.A.R 3

Por: Xoves, 8 de Setembro de 2011, 13:36 COMENTAR

Se nos atopamos nunha xeración na que os First Person Shooter (FPS) é o xénero que prevalece por riba dos demais, cómo innovamos para captar a atención dos xogadores?, xustamente é o que non se preguntaron os creadores da terceira entrega de F.E.A.R.

Primeiro aclararei que non xoguei á segunda parte desta saga, polo que no tocante ao argumento non sei se podo/debo mencionar algo, xa que moi doadamente meto a pata e algún purista deste shooter se bota a min, pero como só plasmo a miña opinión nestes análises fareino o mellor que poida.

Comezarei o análise en 3…2…1…

Ler o resto da entrada »

Tampouco é que sexa unha nova que chame moito a atención, mais dáme pé para comentar algo que sempre quixen dicir. Como saberedes cada vez que nos din que un videoxogo virá en varios DVDs sempre pensamos “é tan potente que non colle nun só”. Até que punto é certo isto?

Refírome a que xogos como o Final Fantasy XIII viñan en 3 DVDs e a súa cualidade tampouco era unha exaxeración. O L.A Noire outro tanto do mesmo. E vós diredes, iso é pola duración…

Entón porque o Resonance of Fate (por pór un exemplo), que pasa das 50 horas, está nun só DVD?

Deixo todo isto no ar para rematar coa frase que quería mencionar.

Algunhas compañías non se estarán a aproveitar deste factor para facernos crer que un título é mellor do que é?

Ollo, non quero dicir que o Battlefield 3 vaia ser ruín, en absoluto e todo o contrario. Mais vendo os exemplos que mencionei antes, como o L.A Noire ou o FF XIII, faime desconfiar.

En fin, a nova coa que comezaba era que a terceira parte do Battlefield aparecería en 2 DVDs, e todo isto por unha imaxe que saíu á luz.

Mira que leva tempo o videoxogo de Gearbox Software dando voltas pola mente dos seguidores da saga Alien.

Polo menos tres anos de desenvolvemento para un videoxogo que aínda que gráficamente non será sorprendente, a atmósfera agobiante promete ser fiel (e non a de Aliens vs Depredators), con ataques sorpresas das criaturas, sons que non sabemos donde proveñen e por suposto unha escuridade adornada con toques de iluminación que me gustaron.

Pero a verdade, sigo vendo outro FPS máis, que si, que hai Aliens e sempre mola, que como amante deste xénero tentarei botarlle a man, pero sigo vendo outro FPS máis.

Non sei vós que pensades.

Flipando co arsenal do ‘RAGE’

Por: Xoves, 14 de Xullo de 2011, 21:07 COMENTAR

Que o RAGE vai ser todo un espectáculo xa está ben claro desde hai tempo. Os seus creadores Bathesda e Id Software continúan a mostrarnos partes do xogo mediante fascículos, como se dunha novela se tratase. Hoxe preséntannos armamento.

Unha vez visualizado o vídeo damos por feito que a variedade coa que eliminaremos os nosos inimigos vai ser máis ben elevada, cun elenco de armas amplo e variado. Boomerangs cortantes, torretas, recortadas, coches teledirixidos bomba, francotiradores, ametralladoras, granadas, lanzadora de raios etc.

Entón recapitulemos: un apartado técnico abraiante, un mundo enorme que poderemos percorrer, enorme cantidade de armas, zonas de condución, zonas de disparos, ampla gama de inimigos…

Só resta babexar e agardar.

Análise de Homefront

Por: Luns, 25 de Abril de 2011, 10:43 COMENTAR

Shooters de aquí e acolá, podería ser a definición perfecta desta xeración collendo como referenza o poemario de Cunqueiro, porque de FPS estamos ben surtidos.

Como amante deste xénero non me debo queixar, ou si, porque a que prezo están sacando tantos títulos iguais (ou moi parecidos) ao mercado?, pois quítanlle calquera innovación ou carácter sorpresivo que capte a atención do xogador.

Ler o resto da entrada »

Tráiler de lanzamento de Crysis 2

Por: Martes, 22 de Marzo de 2011, 19:42 COMENTAR

Como saberedes, a segunda e esperadísima parte de Crysis sairá o mercado o mesmo día que a 3DS, así que os que teñades algún aforro por aí, entraredes en mala época.

Seguro que a versión de PC de Crysis 2 levarase a palma con respecto o das consolas de sobremesa, aínda que puidemos comprobar que estas locerán un aspecto impresionante.

Para que vaiades facendo ganas para este venres, preséntovos o tráiler de lanzamento que nos presenta o que hai,calidade.

Análise de Bulletstorm

Por: Xoves, 17 de Marzo de 2011, 0:39 COMENTAR

Epic Games está inmerso na súa próxima xoia que é Gears of War 3, pero as grandes compañías non se conforman con realizar un só xogo e bríndannos Bulletstorm, un FPS futurista no que predomina o sangue, os tiros, os comentarios humorísticos e todo isto adornado cun apartado técnico de luxo.

Honestamente nunca pensei que Bulletstorm chegase á calidade que ten, só pensaba “vale, un xogo de Epic Games que quere aprobeitar o tirón do seu GoW, xogábel, pero sen alardes”. A ignorancia que tiña cando pensaba isto xa desapareceu, porque Epic Games volveuno conseguir,volveu colocar no mercado un xogo tremendamente divertido que moi doadamente se pode convertir no GOTY do ano.

Ler o resto da entrada »

Infinity Ward, a compañía que subiu á saga Call of Duty ao máis alto da montaña desfíxose, e a pobre de Treyarch quedoulle a enorme responsabilidade de tentar igualar o resultado de Modern Warfare.

E qué fixo Treyarch?, pois tomando boa nota sobre os xogos de Infinity Ward decidiu copiar moitos  dos aspectos que fixeron triunfar aos Modern Warfare. O primeiro foi escapar dos continuos e monótonos disparos para dar paso a unha serie de accións máis espectaculares, como pilotar un helicóptero, disparar dende un carro, bucear, infiltración… deste xeito agarra ao xogador sen deixalo escapar, o problema?, pois precisamente a clara copia dos Modern Warfare, tanto que incluso temos a fase de infiltración na neve, guiar a un pelotón dende un avión aéreo  ata a fase dentro do barco que se afunde. Nunha visión máis global, a sorpresa que sofre o xogador é moito menos acentuada.

Tamén é certo que hai certas escenas que te deixan totalmente impresionado e a intensidade da situación non deixa a ninguén indiferente.

Porque Black Ops é disparos, pilotaxe, mortes, infiltración, bombas, mísiles, buceo, nazis, vietcongs, traizóns e incluso zombis nun apartado que se desbloquea unha vez rematado o modo campaña.

Certamente isto está moi ben, pero chega a dar a sensación de que pretende abarcar todo e simplemente chega a rabuñalos.

A todo isto, debemos ter en conta que Treyarch ten a misión (imposíbel) de chegar á calidade dos Modern Warfare e dende logo o cambio entre World at War e Black Ops foi realmente impresionante, polo que se continúa nesta evolución non dubido que poidan sorprender ata o máis escéptico.

Pero continuemos con Black Ops, porque o argumento está moi ben implementado, e aínda que lin nalgúns análises que non se entende nada, que está mal contada, a min, persoalmente pareceume unha historia moi ben levada, con xiros argumentais, situacións dramáticas, etc. A min non me defraudou en absoluto.

E toca falar do apartado que máis valoran os superficiais, o apartado gráfico.

Teño que mencionar que hai que ter tino falando disto, porque o xogo non é nada regular. Explícome. Hai zonas que resultan completamente espectaculares (véxase a selva, o río, a fase de infiltración), porén existen outras que baixan moito este nivel (véxase a parte inicial e final do xogo).

Agora pregúntome, por qué Treyarch non fixo unha realización técnica igual en todas as escenas?, tirón de orellas forte.

Outra das cousas que non comprendo foi a eliminación do modo misións no multixogador. Coas horas que me pasei no Modern Warfare 2 pasando aquelas misións acompañado. Gran erro.

Pero o que estaba claro é que Black Ops estaba condenado a vender millóns de copias e non defraudou en absoluto ás tendas, pero qué pasa co xogador final?

Pois Black Ops queda por debaixo da saga Modern Warfare, pero non tanto como pensabamos. Creo que moitas críticas xa estaban escritas antes de probar o título realmente, porque é un xogo emocionante, xogabilidade perfecta (como en todos os Callo f Duty), intenso, graficamente moi bo (con pequenos bugs en momentos puntuais, pero que non inflúen na xogabilidade), e unha capacidade para entreter indubidábel.

Unha pena que a duración (unhas sete horas) non fose máis extensa.

Pero con todo, Treyarch conseguiu deixarme un bo sabor de boca, e por qué non dicilo?, non perdo a esperanza de que esta compañía continúe evolucionando ata chegar á enorme calidade da saga Modern Warfare.

Eu entredentes, doulle o meu voto de confianza.

FPS de antes e de agora

Por: Luns, 15 de Novembro de 2010, 13:32 COMENTAR

Paseime por Gamesajare e atopei unha imaxe que resume perfectamente a clara evolución dos shooters subxectivos.

E para que non quededes con ganas de máis,podedes observar un vídeo no que se repasan os grandes clásicos dos FPS.

http://www.youtube.com/watch?v=PZqf5xqKgCE&feature=player_embedded