Visceral-Games

Visceral Games, pais de Dead Space, lanzaron unha serie de anuncios buscando e contratando “testers” experimentados en shooters en primeira persoa para probar un novo FPS de nova xeración.

O estudo xa estivo colaborando con DICE no desenvolvemento de Battlefield 4, incluso a última expansión de Battlefield 3 viña firmada por eles, o que nos fai intuír que este FPS que están a realizar podería tirar por esta saga.

Non hai nada confirmado polo de momento, mais as liñas indican todas para un mesmo camiño, e tendo en conta a degradación da calidade de Dead Space dende o seu comezo, alégrame que vaian por outros lares e non se estanquen.

Análise de Call of Duty: Ghosts

Por: Martes, 19 de Novembro de 2013, 16:50 COMENTAR

COD Ghosts 3

Hai dous xogos que nunca faltan nunha campaña de Nadal, un é o FIFA e outro é o Call of Duty e baixo o sobrenome de Ghosts, Infinity Ward volve poñerse detrás dun título bélico que pretende seguir sorprendendo, mais que queda nunha posición moi pouco cómoda para seguir explotando a unha saga que aínda mantendo a dose de diversión, as sorpresas son mínimas ou nulas.

O guión de Call of Duty Ghosts sitúanos nun futuro no que despois do emprego de armas nucleares lanzadas dende o propio espazo a terra non é máis que un lugar lúgubre no que os únicos superviventes do bando perdedor son considerados como pantasmas (de aí o nome) os cales conseguiron manterse con vida grazas o seu adestramento e camuflaxe en todo tipo de terreos.

O resto xa case o podedes intuír verdade? Nós encarnaremos a un destes Ghost, aínda que pouco experimentado e teremos que facer fronte ao bando inimigo en diversas situacións.

COD Ghosts 1

Un guión bastante simple e sen sorpresas argumentais no que nos intenta facer superar misións das máis variadas, e quizais o consiga, mais o que non logra é que nos metamos na pel do protagonista.
Si, dende aquel impresionante Modern Warfare a saga quixo facernos vivir momentos espectaculares nos máis recógnitos lugares, e en Call of Duty: Ghosts lévanos a localizacións bastante dispares entre si, misións baixo o mar, cidades asolagadas, control de helicópteros e incluso nos leva ao propio espazo exterior, mais o que non sabe facer é emocionarnos en cada unha desas misións.

Será porque xa non sorprende e contamos co que imos atopar? Será porque Infinity Ward non pon o empeño que debería nestas sagas porque saben que van vender exactamente o mesmo? Sexa polo que sexa non logra que o xogador se emocione avanzando no xogo.
E penso eu, será tan complexo involucrar ao xogador no título? Por que o conseguiron no Modern Warfare?

Se somos honestos teñen moito camiño andado, porque xa teñen unha xogabilidade perfecta, repite exactamente a mesma que en títulos anteriores, pero se algo funciona para que o queren cambiar. Parécenme sublimes os controis desta saga, e esta última entrega non ía ser menos, incluso en misións nas que pilotamos un helicóptero ou un tanque, o control adáptase perfectamente ao pad da consola permitíndonos reaccionar en milésimas de segundos ante calquera ataque sorpresa.

Tamén teñen a un nivel moi alto o apartado técnico, que tamén volven repetir e non destaca máis que capítulos anteriores, é máis, iso de querer plasmar un mundo destruído case por completo fai que predominen as cores escuras e contando mínimas excepcións, as paisaxes son bastante feas a verdade.

Aínda así, isto non inflúe na definición das texturas, que continúa estando a un nivel moi alto.

Así que rememoremos, teñen o control dominado, o apartado técnico tamén, só deben crear unha historia á altura cun guión medianamente traballado e unhas misións que nos adentre de verdade na historia con protagonistas máis carismáticos. É tanto pedir?

COD Ghosts 2

Pero para que van facer isto se facendo o que fixeron conseguen un xogo decente e para que enganarnos, divertido para aqueles amantes dos FPS. E para aqueles que non sexan moi amantes dos shooters en primeira persoa tampouco teñen moito problema, porque o xogo ten unha duración da historia principal case ridícula dunhas cinco ou seis horas, co único afán de rexogalo para conseguir atopar todos os ordenadores que hai escondidos polos escenarios, ou para superar o título nunha dificultade maior (se sodes veteranos da saga podédelo comezar no nivel difícil sen problema ningún).

CONCLUSIÓN

Que é Call of Duty: Ghosts?

Call of Duty: Ghosts é máis do mesmo pero un chisco peor do esperado. Intenta meternos en situacións espectaculares sen conseguir emocionarnos a través dunha historia pouco traballada. De todos os xeitos non sexamos hipócritas, persoalmente, como fan dos FPS non me aburrín durante as escasas seis horas que dura o xogo, pero tampouco me emociona en ningún punto concreto, o que deixa a Ghosts non correcto pero pouco ambicioso proxecto.

Será o momento de volver a darlle un lavado de cara a Call of Duty? Pode ser.

[puntuacion]ESTILO=Sonic|GRÁFICOS=93|SON=94|XOGABILIDADE=98|DIVERSIÓN=80|DURACIÓN=50[/puntuacion]

No día de onte confirmouse oficialmente a próxima entrega da famosa saga de Call of Duty, baixo o sobrenome de Ghosts.

Un movemento arriscado tendo en conta o éxito de todos os Modern Warfare,mais desta volta parece ser que a innovación chamará á porta desta saga FPS.

Pero non rematan aquí as novidades, xa que a desenvolvedora Sledgehammer Games, que traballou en cooperativo con Infinity Games na terceira entrega de Modern Warfare non estará presente neste novo título.

Parece ser que está involucrada noutro proxecto do que aínda non se sabe absolutamente nada, mais todo parece apuntar que estará relacionado con Call of Duty.

Polo de momento quedámonos co teaser de Call of Duty: Ghosts e agardaremos a que o 21 deste mes amosen algo máis na conferencia de Microsoft.

[Tráiler] Thief

Por: Martes, 2 de Abril de 2013, 13:15 2 COMENTARIOS

Aínda que o único que sabemos deste título é que sairá para PS4, PC e outras consolas de próxima xeración, Square Enix xa lanza o primeiro tráiler de Thief.

Meterémonos na pel dun experto ladrón no que parece que haberá absoluta liberdade de movemento para realizar os nosos propósitos, todo isto nunha perspectiva en primeira persoa e polo que parece cunha ambientación bastante escura.

Por certo, non vos recorda algo a Dishonored?

Se vos preguntades o ve Mario durante as súas aventuras, aquí tedes a última fase do grandísimo Super Mario Bros 3.

Análise de Resistance: Burning Skies

Por: Xoves, 23 de Agosto de 2012, 14:34 COMENTAR

A saga Resistance aterra na PS Vita baixo o nome de Burning Skies, título no que volvemos a somerxernos nun mundo invadido polas Quimeras e que deberemos facer fronte disparando a todos os que nos atopemos por diante.

Certo, volve repetindo estratexia, sen sorpresas para o xogador, pero se algo lles funciona para que o queren cambiar, mais se mellorasen un tanto máis os seus apartados estariamos ante un xogo notable, así só chega ao correcto.

Ler o resto da entrada »

Primeiro tráiler de CoD: Black Ops 2

Por: Mércores, 2 de Maio de 2012, 10:19 COMENTAR

Hoxe Treyarch acaba de sacar á luz o primeiro tráiler de Call of Duty: Black Ops 2, e queda confirmado que viaxaremos a un futuro próximo con maquinaria máis avanzada, artiluxios voadores por todos os lados e as explosións típicas da saga.

No tráiler vemos como un avellentado Black Ops conta como toda maquinaria non serve de nada sen eles e observamos como o protagonista pilota os máis diversos trasportes, incluso un cabalo.

Ademáis de todo isto tamén confirmaron a data de lanzamento, 13/11/12.

Botádelle un ollo e comentade as vosas impresións porque hai bastantes cambios con relación ao predecesor.

Tráiler completo de Crysis 3

Por: Xoves, 26 de Abril de 2012, 14:11 COMENTAR

Fai uns días xa comentamos algo sobre a terceira entrega de Crysis, esta saga que comezou en PC cun éxito espectacular.

Pois agora podemos ver o tráiler completo grazas a Crytek onde observamos algún escenario, uso do arco, un chisco de gameplay e o seu apartado técnico.

Sen máis déixovos o tráiler para que valoredes por vós mesmos se estará á altura ou será unha continuación prescindíbel que só quere aproveitar a fama do seu nome.

Crysis 3 xa é oficial

Por: Luns, 16 de Abril de 2012, 15:26 COMENTAR

Despois de tantos rumores Electronic Arts acaba de anunciar oficialmente que Crytek xa está traballando na terceira entrega de Crysis.

Esta nova entrega desenvolverase en Nova York, aínda que con cambios significativos, sobre todo no tema da vexetación, para que o emprego do arco (arma significativa desta entrega) sexa máis estimulante.

O mapeado dividirase en sete distritos que poderemos investigar con certa liberdade, pero sen chegar ao nivel de sandbox.

O xogo estará listo para 2013 para as plataformas Xbox 360,PS3 e PC

Tráiler de Far Cry 3

Por: Xoves, 22 de Marzo de 2012, 14:34 COMENTAR

Ubisoft acaba de lanzar aos medios o primeiro tráiler con gameplay da terceira entrega de Far Cry.

Como novidades temos que resaltar as misións con cogumelos alucinóxenos, voos en ala delta e o emprego de lanzachamas o que nos fai deducir que volveremos ter as fantásticas animacións dos anteriores videoxogos así como uns gráficos moi coloridos.

Así, só queda esperar a confirmación da data de saída por parte da compañía desenvolvedora.

Unha vez máis a saga Medal of Honor quere seguir mantendo a súa veteranía no relacionado aos shooters bélicos e preséntannos Medal of Honor: Warfighter unha secuela do xogo lanzado fai un par de aniños.

Como é habitual sairá un pouco antes do Call of Duty (xa é costume que esta prolífera saga saque un xogo cada ano) e debatirán o primeiro premio no relacionado aos FPS bélicos. O día elexido para este lanzamento foi o 23 de outubro e con esta data acompaña un novo tráiler no que se nos amosa unha serie de accións de guerra, explosións, disparos e todo o que conleva.

Se ben é certo que o anterior Medal of Honor non resultou estar á altura, con este Warfighter queren solucionar este erro. Veremos se o consegue.

Tráiler e data de saída de Borderlands 2

Por: Mércores, 22 de Febreiro de 2012, 16:15 COMENTAR

Despois dunha primeira entrega que sorprendeou a maioría dos xogadores, 2K Games acaba de anunciar cal será o día de lanzamento de Borderlands 2 e con esta información acompaña un tráiler moi ameno e simpático onde se nos amosa algún dos personaxes do título e algunhas das súas características.

O 21 de setembro foi o día elexido para que a segunda entrega de Borderlans saia á venta, e todo promete que mellorará o anterior título mantendo a mesma estética cell-shading, as miles de armas, seres deformes, cooperativo…

Máis e mellor como se ven dicindo, espero que rompa coa monotonía que me supuxo o título anterior despois das primeiras horas.