fm5
Está previsto que a vindeira semana Turn 10 publique unha nova actualización para o «Forza 5» que reducirá os prezos dos coches ata nun 45% do valor actual, ademáis de aumentar os cartos obtidos por disputar carreiras.

Pouco despois do seu lanzamento, recibíu moitas críticas por parte dos xogadores pois entendían que eses elevados prezos nos coches non era se non unha medida para “forzar” aos xogadores a obter os coches mediante micro-transaccións.

Esta actualización tamén introducirá dous novos modos multixogador: «Drag Racing» (carreiras de aceleración) de ata 16 xogadores e «Tag» que contará coas tres variantes xa coñecidas das entregas anteriores da saga: «Manter a marca», «Virus» e «Pasar a marca».

Xbox One 1
Pouco despois do seu lanzamento o pasado 22 de novembro, moitos usuarios queixábanse de que nas súas consolas non funcionaban os xogos en formato disco.

Para arranxar o problema, Microsoft enviaralle unha nova consola aos usuarios e, para mellorar o tempo de espera, poderán descargar de balde na consola defectuosa unha copia dixital dun xogo, entre os que se inclúen: Dead Rising 3, Forza Motorsport 5, Ryse: Son of Rome e Zoo Tycoon.

“Mentres enviamos a nova consola, queremonos asegurar de que os nosos usuarios poidan seguir xogando.”

“Imos ofrecerlle a cada un deles unha descarga dixital gratuíta dun dos títulos de lanzamento publicado por Microsoft Studios.”

Novo vídeo do «Forza 5»

Por: Luns, 28 de Outubro de 2013, 16:30 COMENTAR

fm5
Turn10 publicou un novo vídeo ingame do Forza Motorsport 5. Nesta nova entrega, podemos ver ao xogador aos mandos dun Ferrari F12 Berlinetta ao redor do mítico trazado belga de Spa-Francorchamps.

Estará dispoñible dende o 22 de novembro, en exclusiva para a Xbox One.

fm5
Microsoft ven de publicar un novo vídeo, ao máis puro estilo modo “Autovista” do Forza Motorsport 4, do «Forza Motorsport 5», no que o coñecido presentador do programa Top Gear, Jeremy Clarkson (@JeremyClarkson) nos fala das súas impresións de dous dos novos superdeportivos que incluirá o xogo: o Pagani Huayra e o McLaren P1.

O «Forza Motorsport 5» será exclusivo para Xbox One e chegará ao mercado na data de lanzamento da videoconsola, o 22 de novembro. Os xogadores que reservaran a videoconsola, obterán, totalmente de balde, unha copia do Forza 5 ou do FIFA 14, segundo prefiran.

Compite contra “Stig” en Forza 5

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013, 13:00 COMENTAR

fm5
Para os que non o coñezades, Stig é o máis que coñecido misterioso piloto do programa británico Top Gear. É o encargado de levar ao límite os novos modelos que presentan no programa.

Cando ves o programa, sempre che queda esa pregunta: “Como o faría se correse contra Stig?”. Pois ben, tal e como nos presentan no seguinte tráiler, no Forza Motorsport 5 poderemos competir contra el, ou máis ven contra “o seu curmán dixital”.

Como a entrega anterior, o Forza Motorsport 5 contará co circuíto Top Gear Test Track, así como os comentarios dos seus presentadores Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James May.

Estará dispoñible o 22 de novembro, data de saída da Xbox One. As reservas da videoconsola, poderán optar entre unha copia deste xogo ou do FIFA 14.

fm5
Microsoft publicou un novo vídeo do popular simulador de condución Forza Motorsport 5 onde podemos ver unha volta ao sinuoso trazado dos Alpes Berneses no superdeportivo Pagani Huayra.

“O circuíto dos Alpes Berneses debutou en Forza Motorsport 4 e foi reconstruído completamente para a Xbox One, presentando o novo motor gráfico traballando a 1080p e 60 imaxes por segundo.”

Estará dispoñible de balde o vindeiro 22 de novembro, día de lanzamento da Xbox One. Os usuarios que reserven a videoconsola, poderán escoller entre unha copia gratuíta do Forza 5 ou do FIFA 14.

fm5
Turn 10 anunciou que o novo «Forza Motorsport 5» incluirá o trazado australiano de Mount Panorama de Bathurst. Este novo cirtuíto únese aos xa confirmados anteriormente de Mazda Laguna Seca, Spa-Francorchamps e Praga.

Foi construído en 1938 e na actualidade ten unha lonxitude total de 6.213 km. e 23 curvas.

Mapa do circuíto (Fonte: Wikipedia)

Mapa do circuíto (Fonte: Wikipedia)

Este anuncio coincide coa nova que confirmaba que Microsoft creará o equipo Xbox One Racing Team para competir na 2013 Supercheap Auto Bathurst 1000, carreira de resistencia de 1.000 km. que se disputa habitualmente o primeiro domingo de outubro de cada ano neste circuíto. Como adoita ser habitual nas competicións de motor australianas, o coche elixido será o Holden VF Commodore.

O «Forza Motorsport 5» sairá a venda o 22 de novembro, data de lanzamento da Xbox One. As reservas da videoconsolas contarán cunha copia dixital deste simulador de conducción ou do FIFA 14, a elección do xogador.

fm5
A nova entrega da saga de simulación de conducción de Turn 10, «Forza 5» requerirá que os usuarios descarguen un paquete de contido gratuíto de Xbox Live para poder iniciar o xogo, que non funcionará se non se descarga dito paquete.

Tal como comentou Dan Greenawalt recentemente nunha entrevista:

“Cando inicias o xogo por primeira vez, terás que iniciar sesión e, cando o fagas, obterás unha chea de contidos: circuitos e coches. Isto é necesario para poder xogar ao xogo.”

Por outra banda, o sistema Drivatar que controlará aos coches da IA, tamén precisará dunha conexión para estar actualizado, se ben non é obrigatorio.

“Tes que conectar o xogo para poder obter os últimos Drivatars, porque necesitamos o maior número posible de xente para adestralos. E así, en vez de ter só un conxunto creado por nós para o día do lanzamento, cada día que a xente corra fará que os Drivatars sexan máis precisos, máis diversos e moito máis interesantes.”

“Todas as características na nube e en liña fan o xogo moito, moito mellor.”