Novo vídeo do «Forza 5»

Por: Luns, 28 de Outubro de 2013, 16:30 COMENTAR

fm5
Turn10 publicou un novo vídeo ingame do Forza Motorsport 5. Nesta nova entrega, podemos ver ao xogador aos mandos dun Ferrari F12 Berlinetta ao redor do mítico trazado belga de Spa-Francorchamps.

Estará dispoñible dende o 22 de novembro, en exclusiva para a Xbox One.

fm5
Microsoft ven de publicar un novo vídeo, ao máis puro estilo modo “Autovista” do Forza Motorsport 4, do «Forza Motorsport 5», no que o coñecido presentador do programa Top Gear, Jeremy Clarkson (@JeremyClarkson) nos fala das súas impresións de dous dos novos superdeportivos que incluirá o xogo: o Pagani Huayra e o McLaren P1.

O «Forza Motorsport 5» será exclusivo para Xbox One e chegará ao mercado na data de lanzamento da videoconsola, o 22 de novembro. Os xogadores que reservaran a videoconsola, obterán, totalmente de balde, unha copia do Forza 5 ou do FIFA 14, segundo prefiran.

Compite contra “Stig” en Forza 5

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013, 13:00 COMENTAR

fm5
Para os que non o coñezades, Stig é o máis que coñecido misterioso piloto do programa británico Top Gear. É o encargado de levar ao límite os novos modelos que presentan no programa.

Cando ves o programa, sempre che queda esa pregunta: “Como o faría se correse contra Stig?”. Pois ben, tal e como nos presentan no seguinte tráiler, no Forza Motorsport 5 poderemos competir contra el, ou máis ven contra “o seu curmán dixital”.

Como a entrega anterior, o Forza Motorsport 5 contará co circuíto Top Gear Test Track, así como os comentarios dos seus presentadores Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James May.

Estará dispoñible o 22 de novembro, data de saída da Xbox One. As reservas da videoconsola, poderán optar entre unha copia deste xogo ou do FIFA 14.

fm5
Microsoft publicou un novo vídeo do popular simulador de condución Forza Motorsport 5 onde podemos ver unha volta ao sinuoso trazado dos Alpes Berneses no superdeportivo Pagani Huayra.

“O circuíto dos Alpes Berneses debutou en Forza Motorsport 4 e foi reconstruído completamente para a Xbox One, presentando o novo motor gráfico traballando a 1080p e 60 imaxes por segundo.”

Estará dispoñible de balde o vindeiro 22 de novembro, día de lanzamento da Xbox One. Os usuarios que reserven a videoconsola, poderán escoller entre unha copia gratuíta do Forza 5 ou do FIFA 14.

ryse_sons_of_rome-006

Aaron Greenberg, un dos directivos de Microsoft foi o encargado de aclarar aos fans que dous dos xogos que estarán de saída coa Xbox One, Ryse e Forza Motorsport 5, correrán a unha resolución de 1080p nativos.

Greenberg non fixo alusión a outros videoxogos:

Non podo falar de títulos que non son da propia Microsoft, mais sei que Ryse e Forza Motorsport 5irán a 1080p nativos.

Recordade que Xbox One chagará ás tendas o 22 de novembro a un prezo de 499€. Para que vaidades tomando as vosas propias decisións.