football-manager-2014

Segundo informou a creadora da saga, Sports Interactive, todos os usuarios que fixeron unha reserva do novo Football Manager 2014 nas tendas participantes (tanto dixitais como reais) xa poden acceder á versión beta do mesmo.

A nova versión contará con máis de 1.000 melloras con respecto ao seu predecesor, como a posibilidade de gardar as partidas na nube, posibilitando seguir as nosas partidas en varios ordenadores.

“Como é natural nunha versión beta, non é un produto final e aínda estamos a traballar en numerosas melloras.”

Tamén están a traballar en certos erros, como se pode ver nesta lista.

Está previsto o seu lanzamento para o vindeiro 31 de outubro para Linux, Mac e Windows. Tamén anunciaron o lanzamento da versión Football Manager Classic 2014 para PS Vita.