Despois dos problemas xerados a pasada semana pola versión 4.45 e que provocaron a súa retirada da PlayStation Network, Sony ven de publicar a nova versión do firmware 4.46, coa que promete arranxar os erros da versión anterior. O principal problema que atoparon moitos usuarios era que desaparecía o menú XMB (XrossMediaBar).
Unha das principais novidades que incluía a versión “problemática” era a posibilidade de desactivar a notificación dos trofeos así como unha mellora xeral do rendemento.
Os usuarios afectados terán que descargar o novo firmware nun ordenador, copialo a unha memoria USB (nas videoconsolas que o soporten, tamén valerá unha tarxeta de memoria SD, Memory Stick™ ou CompactFlash®.), iniciar a consola en “modo seguro” e actualizar manualmente. Tedes o manual paso a paso nesta páxina.
Para os que non se vos da moi ben o inglés, aquí tedes unha tradución ao galego do proceso a seguir:
PASO 1: Descargar a actualización
Precisarás dunha memoria USB con polo menos 168 MB de espazo libre. Se a túa videoconsola é un dos modelos das series CECHA00 / CECHB00, tamén podes empregar un Memory Stick™, tarxeta de memoria SD ou unha CompactFlash®.
- Crea un cartafol chamado “PS3” no dispositivo de almacenamento.
- Dentro dese cartafol “PS3”, crea outro chamado “UPDATE”.
- Empregando un ordenador, descarga o arquivo da actualización 4.46.
- Garda o arquivo no cartafol “UPDATE” do dispositivo de almacenamento.
NOTA: Se o arquivo non se garda correctamente, a túa PS3 non recoñecerá a actualización. O cartafol debe estar en MAIÚSCULAS.
PASO 2: Iniciar en Modo Seguro
- Coa PS3 apagada (o LED debe estar en vermello), mantén pulsado o botón para prender a consola. Escoitarás un “beep” indicando que a consola está iniciándose.
- Mantén pulsado o botón e despois dun 5 segundos escoitarás un segundo “beep”.
- Segue mantendo pulsado o botón e despois doutros 5 segundos escoitarás un terceiro “beep” e a consola apagarase (o LED volverá a ser vermello).
- Solta o botón de acendido.
- Volve premer o botón e mantén pulsado. Escoitarás de novo un primeiro “beep” cando a consola se inicie.
- Mantén pulsado e despois duns 5 segundos escoitarás de novo o segundo “beep” para reiniciar o vídeo.
- Mantén pulsado e despois doutros 5 segundos escoitarás dous “beeps” seguidos. Neste punto, solta o botón de acendido.
- Se activaches correctamente o Modo Seguro, verás na pantalla unha mensaxe similar a ésta: “Conecta un mando utilizando un cable USB e preme o botón PS”.
- Conecta un mando á PS3 cun cable USB.
NOTA: Se non puideches activar o Modo Seguro correctamente, pode que a túa videoconsola precise de reparación. Por favor, contacta co servicio técnico.
PASO 3: Actualización manual do Firmware da PS3
- Conecta o dispositivo de almacenamento á PS3.
- Escolle “[6 – System Update]” e preme o botón “X”.
NOTA: Ten en conta que se escolles calquera das opcións anteriores, poderánse eliminar os datos e configuracion da consola. Asegúrate de escoller só a “opción 6”.
- Preme “Start e “Select” ao mesmo tempo.
- A PS3 reiniciarase e recoñecerá o arquivo de actualización no dispositivo de almacenamento.
- Preme “Dereita” no D-Pad para moverte pola descrición da actualización e o acordo de usuario.
- Preme “X” para confirmar a actualización.
- A videoconsola instalará a nova actualización e reiniciarase cando remate o proceso.
Se non eres capaz de instalar o firmware ou tiveches algún problema durante a instalación, proba a seguir os pasos de novo. Se aínda así segues tendo problemas, ponte en contacto co servizo técnico de Sony.