Así o dixo Casey Hudson, creativo do videoxogo, porque ten ben claro que de seguir explotando e alongando esta historia o argumento remataría resentíndose, así que Mass Effect 3 será o fin dunha das mellores triloxías desta xeración.

Con isto, Bioware asegurou que Shepard terá un épico final e que non deixará cabos soltos para que non se permita a súa continuación.

Pero de verdade pensades que non haberá máis capítulos de Mass Effect?, a min cústame crelo e máis tendo en conta as súas ventas, pero se isto acontece presumiblemente serán precuelas ou historias paralelas a que xa coñecemos.

Personalmente gústame esta decisión, e máis sabendo que o argumento de Mass Effect é un factor importantísimo na saga, e sempre hai que saber cando parar e deixar o listón ben alto. Bioware conseguíuno e alcanzou niveis que moitos outros títulos desexarían, agora só falta ver como remata esta triloxía, e para iso teremos que seguir contando os días até o 6 de marzo.