Filtrado vídeo de DriveClub

Por: Mércores, 22 de Xaneiro de 2014, 12:24 COMENTAR

Acábase de filtrar un novo vídeo de DriveClub, mais non é o típico vídeo gameplay para meternos o xogo polos ollos, senón un vídeo explicativo sobre as directrices de DriveClub que nos resume algunhas das súas características e de como se pode converter nun dos grandes do xénero.

Certo que tamén visualizamos uns segundos de gameplay, e do único que estou seguro é que están a facer unha campaña deste xogo realmente boa, e se todo o que amosan del é tan certo como parece, os amantes do motor (e incluso os que non) están de noraboa.

Así é o mapa de GTA V

Por: Mércores, 11 de Setembro de 2013, 12:01 COMENTAR

GTA-5-mapa

Levades brúxula, porque podémonos perder moi doadamente

gtav

Despois de que onte mesmo a esperada quinta entrega da saga Grand Theft Auto entrase en fase “gold”, é dicir, que o seu desenvolvemento rematou por completo e agora só queda fabricar o soporte físico e distribuílos, Rockstar leva o primeiro desgusto, unha filtración na PSN Europea.

Algúns usuarios que tiñan feita a reserva dixital do título tiveron acceso a certos contidos do videoxogo o que non tardaron en desvelalos en determinados sitios da rede.

Sony apresurouse a retirar este arquivo de reserva mais a filtración xa se producíu e a posibilidade de que nos desvelen “spoilers” pola rede segue aí.

Un gran fallo que despois de tantos anos de desenvolvemento Rockstar non se debería permitir. Polo de momento quedémonos coa parte positiva, o 17 de setembro xa está moi preto.

capcom essentials

As filtracións seguen estando á orde do día, e ben sexa por un descoido de verdade ou simplemente para facerse publicidade, a cadea EB Games listou (e pouco despois retirou), un recopilatorio baixo o nome de Capcom Essentials.

Este pack incluiría cinco dos xogos máis representativos de Capcom desta xeración a prezo de un, 59.99$.

Os títulos serían: Devil May Cry 4, Dead Rising 2, Super Street Fighter IV, Resident Evil 6 e Megaman 10.

A estas alturas é raro que non se xogase a algún destes videoxogos, mais se definitivamente se confirma este pack resultaría moi económico en relación calidade/prezo.

Por outro lado tampouco se sabe se os cinco xogos serían en formato físico ou pola contra se distribuirán mediante códigos de descarga, polo de momento Capcom non se comunicou ao respecto polo que só nos queda agardar.

Aquí está a hipotética PSP 2

Por: Luns, 27 de Decembro de 2010, 16:44 COMENTAR

Xa estaba tardando que saise algunha filtración con imaxes e novos datos sobre a segunda parte da PSP.
Pois a encargada de lanzarse a este mundo de rumores é a revista PSM3, que aporta todo unha serie de fotografías que ben poden ser certa.
Un deseño similar á PSP Go, doble stick e aparentemente unha potencia moi por encima do esperado.
Sobra dicir que non hai nada oficial por parte de Sony, pero se recordades, coa PS3 Slim pasou exactamente isto, unha pequena filtración deixou en bragas a toda a compañía xaponesa, que non resalta precisamente por saber gardar segredos.
En fin, queda nas vosas mans crer que todo isto vai chegar a bo porto, ou simplemente é unha mentira máis que empregan os de márketing, pero sexa dunha maneira ou de outra, as imaxes tédelas aquí.

Vida Extra