Que alegría levamos todos aqueles fans dos videoxogos (en especial os amantes do Uncharted) ao sabermos que o filme de Uncharted quedara sen director, verdade? Pois esquecédeo porque parece que pretenden sacar a versión cinematográfica do videoxogo sexa como for. Acáballe de saír un novo director, concretamente Neil Burguer, que a propósito, (Oh, meu Deus! Oh my God!) xogou ao mencionado videoxogo.

E nós, esperanzados e ilusos xogadores, despois de escoitar as palabras deste director en que dicía que o propio xogo ten momentos moi bos para plasmar no cinema e que por iso pretende realizar o proxecto desde cero (á papeleira toda a trapallada feita anteriormente); e vendo que na súa carreira dirixiu filmes da altura de The Illusionist (‘O ilusionista’), podemos crer que estaremos ante un filme á altura do videoxogo?

Eu non vou pór a man no lume, de feito non vou pór nin un dedo enriba dun misto.

Dun tempo para acá vénse falando da adaptación da xenial saga Mass Effect á grande pantalla. E volvín sentir o mesmo que cando sacan estas adaptacións, entre curiosidade e mágoa.

Se ben somos todos moi conscientes de que ben poucos filmes baseados en videoxogos superan o aprobado, neste caso quero dar unha mínima oportunidade a este filme. Por que? Pois porque estará baseado no primeiro videoxogo, título onde recae a inmensidade do argumento, polo que neste caso non poden dicir que non teñen un argumento decente para realizar este proxecto. Se o estragan é culpa dos que están a desenvolver este proxecto, como sempre. E diría máis, mesmo hai diálogos que os poden exportar directamente do propio videoxogo, porque se recordades había diálogos verdadeiramente bos.

Pois esta noticia nace cando nos informan que o propio filme estará presente na Comic Com (do 21 ao 24 de xullo), na cal estarán o encargado do guión Mark Protosevich e o responsábel de Bioware Casey Hudson.

Como terminará este filme? Estará á altura da saga intergaláctica? Terá o suficiente éxito como para se atreveren coas seguintes entregas?

O famoseo do tráiler de Dead Island

Por: Martes, 22 de Febreiro de 2011, 14:57 COMENTAR

Dead Island é un xogo que ninguén daba un peso por el, incluso se considerou cancelado aí atrás, pero como é un márketing? que dende que sacaron fai uns días o seu espectacular tráiler o xogo está en boca de todos.

Por se aínda non tivestes a oportunidade de desfrutar do sanguinario tráiler, déixovolo aquí:

Pois despois de sacar este tráiler á luz o xogo comezou a recorrer os canles de toda a rede, tanto que incluso a industria do cine lle quere botar man.

Concretamente o productor Sean Daniel (A momia,Chacal,Blanco Humano…), que xa está buscando un bo quión para a película.

De todos é sabido que destes filmes non se pode esperar nada bo,porque moito me da a min que este productor veu algo realmente xenial como é este tráiler, e pretende imitalo.

Conseguirao?,sairá finalmente este filme á luz?, persoalmente non me emociona nada.