Anunciado o «WRC 4»

Por: Sábado, 27 de Xullo de 2013, 10:00 COMENTAR

fiawrc3
A compañía Bigben Interactive anunciou oficialmente o vindeiro lanzamento da nova entrega do simulador de rallies WRC: FIA World Rally Championship 4, que está a crear Milestone Studios. Toman así o relevo de Black Bean Games, creadora das entregas anteriores da saga.

O xogo oficial do Campionato Mundial de Rallies deste 2013 incluirá todas as probas do calendario, así como os mellores equipos e pilotos da competición.

Extracto da nota oficial publicada pola compañía:

Seguindo os pasos das entregas anteriores da serie, WRC 4 contará cunha incrible mezcla de elementos con alto detalle gráfico e son real no xogo. Todas estas melloras son posibles grazas ao apoio da comunidade. As principais características que incluirá o xogo son: lealdade á licenza, unha experiencia de xogo emocionante, accesibilidade para os xogadores novatos e un modo de xogo en liña dinámico e competitivo.

Entre as novidades desta edición de 2013, os xogadores terán a oportunidade de probar novas condicións de iluminación, novos efectos climáticos, dependendo do tramo e un novo modo carreira para colocar ao xogador na pel dun piloto real. Realismo e inmersión son dous do piares máis importantes do desenvolvemento, con impresionantes ambientes 3D e un sistema HDR que asegurará o mellor rendemento do xogo.

O lanzamento está previsto para o vindeiro outubro para PC, PS Vita, PlayStation 3 e Xbox 360.